Alexander MacMillan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1818 Irvine, Reino Unido (pt) |
Morte | 26 de xaneiro de 1896 (77 anos) |
Actividade | |
Ocupación | editor |
Familia | |
Fillos | George Augustin Macmillan |
Irmáns | Daniel Macmillan |
Alexander MacMillan (en escocés: Alasdair MacMhaolain) nado o 3 de outubro de 1818 en Irvine (Ayrshire, Escocia), foi cofundador, xunto co seu irmán Daniel da editora Macmillan Publishers, en 1843. Proviña dunha familia de agricultores da illa de Arran.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como socio do seu irmán, Alexander ocupouse do desenvolvemento da reputación literaria da compañía mentres que Daniel se encargaba das cuestións máis burocráticas.
A empresa, chamada orixinariamente Macmillan & Co., comezou sendo unha exitosa libraría en Cambridge, aínda que axiña os irmáns se decidiron a publicar os seus propios libros á parte de vendelos. Logo da morte de Daniel en 1857, Alexander continuou dirixindo a empresa en solitario; expandiuna internacionalmente, asinou un acordo de difusión con Oxford University Press e comezou coa publicación de revistas, entre as que cómpre salientar Nature, a revista científica máis prestixiosa. Macmillan encargoulle ao editor George Edward Brett para establecer a súa oficina en Nova York en agosto 1869 e contratou a compañía norteamericana Messrs. Pott & Amery para encargarse da mercadotecnia e a distribución dos libros da editorial.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Macmillan Publishers Ltd." en Encyclopaedia Britannica. (En inglés)
- ↑ "Publishing: crofter's Crop". En Time. 22 de xaneiro de 1951. (En inglés)
- ↑ James, Elizabeth. Macmillan: A Publishing Tradition. Palgrave Macmillan. 2002. ISBN 0-333-73517-X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- James, Elizabeth. Macmillan: A Publishing Tradition. Palgrave Macmillan. 2002. [ISBN 0-333-73517-X]
- Macmillan and Co. A bibliographical catalogue of Macmillan and Co.'s publications from 1843 to 1889. Macmillan. Londres, 1891. (En inglés)
- Morgan, Charles. The House of Macmillan (1843-1943). Macmillan. 1943.