Alexandra Rodríguez Long
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xaneiro de 1997 (27 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | patinadora artística sobre xeo |
Compañeiro profesional | Aritz Maestu |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | patinaxe artística sobre xeo |
Disciplina deportiva | patinação de duplas (pt) ladies' singles (en) |
Adestrador | Igor Sinyutin (en) |
Alexandra Rodríguez Long, nada o 30 de xaneiro de 1997 nas Palmas de Gran Canaria, é unha deportista española que compite en patinaxe artística sobre xeo na modalidade de patinaxe en parella, xunto con Aritz Maestu. Foron os Campións de España na tempada 2012-13.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Alexandra pertence á Federación de Aragón de deportes de inverno e adestra co CETDI (Centro especializado en Tecnificación de Deportes de Inverno) para o Aramón Club Xeo Jaca. Os seus adestradores son Miguel Alegre e Emmaly Baxter e as súas coreografías prepáraas Emmaly Baxter.
Participou no Campionato Mundial Júnior, e dúas competicións do Grand Prix Júnior organizados pola Unión Internacional de Patinaxe sobre Xeo na categoría de Parellas Libre Júnior.[1]
Na tempada 2011-12 foron vixesimo sétimos na Clasificación Mundial Júnior.[2] En abril de 2012 sufriu un grave accidente ó caer de cabeza sobre a pista. Tras iso, o seu compañeiro Arizt Maeztu decidiu cambiar de parella.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ISU. "Alexandra Rodríguez & Aritz Maestu".
- ↑ "ISU Júnior Grand Prix of Figure Skating 2011 / 2012 : Júnior Pairs". International Skating Union.