Alexandre-Emile Béguyer de Chancourtois
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Alexandre-Émile Béguyer de Chancourtois ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de xaneiro de 1820 ![]() Capella, España ![]() |
Morte | 14 de novembro de 1886 ![]() Wasa, Suecia (pt) ![]() ![]() |
Educación | Escola Superior de Minas de París (1840–) Escola Politécnica (1838–) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xeólogo, mineraloxista, químico, académico ![]() |
Empregador | Escola Superior de Minas de París (1848–) ![]() |
Premios | |
Alexandre-Émile Béguyer de Chancourtois, nado en París o 20 de xaneiro de 1820 e finado o 14 de novembro de 1886, foi un xeólogo e mineraloxista francés, o primeiro en ordenar os elementos químicos seguindo a orde do seu peso atómico, en 1862. De Chancourtois só publicou o seu artigo sobre isto, mais non publicou o gráfico propio coa disposición irregular.[1] Malia considerarse unha publicación significativa, foi ignorada pola comunidade de químicos da época por estar escrita en termos xeolóxicos.[2] De Chancourtois foi profesor de enxeñaría de minas e xeoloxía na École Nationale Supérieure des Mines de Paris. Foi tamén o Inspector de Minas en París, responsable na súa maior parte da posta en funcionamento de regulacións de seguridade para a minaría naquel entón.[3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- "Sur la distribution des minéraux de fer," en Comptes rendus de l'Académie des sciences, 51 (1860), 414–417.
- "Études stratigraphiques sur le départ de la Haute-Marne." París, 1862.
- "Vis tellurique," en Comptes rendus de l'Académie des sciences, 54 (1862), 757–761, 840–843, 967–971.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Organizing the Elements". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2010. Consultado o 9 de febreiro de 2007.
- ↑ "Alexandre-Emile Béguyer de Chancourtois (1820–1886)" (en francés). Annales des Mines. Consultado o 9 de febreiro de 2007.
- ↑ Philippe Jacques Edmond Fuchs (1887). "Notice Nécrologiqu sur M.A.E. Béguyer de Chancourtois, Inspecteur Général des Mines" (en francés). Annales des Mines. Consultado o 11 de febreiro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexandre-Emile Béguyer de Chancourtois ![]() |
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |