Alexandria Ocasio-Cortez
Alexandria Ocasio-Cortez, nada en Nova York o 13 de outubro de 1989,[1] é unha activista e política estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada nunha familia de raíces latinoamericanas, estudou cun préstamo e comezou traballando de camareira.[2] Cun traballo sobre Caenorhabditis elegans, coa conclusión de que 'Os antioxidantes poderían axudar a previr enfermidades dexenerativas inducidas polo estrés oxidativo', gañou un premio na feira de ciencia máis importante a nivel mundial,[Cómpre referencia] a ISEF.[3] A relevancia deste feito reside non tanto na súa preparación científica como en que se viu confrontada ós intereses das farmacéuticas en contra do que ela intuía. segundo escribiu en Twitter o 1 de decembro de 2018ː
"When I tried to find out why the compound wasn’t pursued more, one of the explanations given to me was that pharma lobbyists worked against it."[3]
Comezou en política na campaña de Bernie Sanders.[2] Nas eleccións lexislativas celebradas o 6 de novembro de 2018, con 29 anos, gañou o escano do distrito 14 de Nova York ao Congreso dos EEUU por unha amplísima maioría de voto, despois de vencer as primarias ó líder demócrata Joseph Crowley.[4][5] Ocasio-Cortez é membro da organización Socialistas Democráticos de América e foi vinculada a gran variedade de plataformas políticas progresistas estadounidenses.
É a muller máis nova elixida no Congreso na historia dos Estados Unidos, superando á republicana Elise Stefanik, que foi elixida en 2014 á idade de 30 anos.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "OCASIO-CORTEZ, Alejandría, (1989 -)". bioguide.congress.gov. Consultado o 05-03-2019.
- ↑ 2,0 2,1 Berges, Cristina Armunia. "Siete cosas que hay que saber sobre Alexandria Ocasio-Cortez, el nuevo fenómeno de la izquierda en EEUU". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-01-12.
- ↑ 3,0 3,1 King, Georgia Frances. "Alexandria Ocasio-Cortez won a science-fair prize for research involving free radicals". Quartz (en inglés). Consultado o 2020-03-19.
- ↑ "A Progressive Insurgent Just Pulled Off the Biggest Democratic Primary Upset in Years". Mother Jones.
- ↑ "A 28-year-old Democratic Socialist just ousted a powerful, 10-term congressman in New York". CNN.
- ↑ "Ocasio-Cortez to be youngest woman ever elected to Congress". CNN.
- ↑ "Elise Stefanik, the Youngest Woman Ever Elected to Congress". ABC News.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alexandria Ocasio-Cortez |