Saltar ao contido

Alfleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfleda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 654 Editar o valor en Wikidata
Reino de Northumbria, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte713 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Abadía de Whitby, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Whitby Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de febreiro Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisOswiu de Northumbria Editar o valor en Wikidata  e Eanfleda de Deira Editar o valor en Wikidata
IrmánsOstrida
Aelfwine de Deira
Ecgfrith de Northumbria
Alchfrith de Deira
Aldfrith de Northumbria Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteA Cyclopaedia of Female Biography
A Historical Dictionary of British Women, (p.4) Editar o valor en Wikidata

Alfleda (en inglés: Ælfflæd), nada no 654 e finada c. 713, foi unha nobre e relixiosa inglesa. Alfleda foi consagrada á relixión desde pequena, por mor dun voto feito polo seu pai[1], e viviu na abadía de Whitby toda a súa vida, converténdose finalmente en abadesa do mosteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi filla de Oswiu de Northumbria e de Eanfleda de Deira. Descendía por tanto de dúas casas reais: Bernicia e Deira; por parte do seu pai era neta do rei Æthelfrith de Northumbria e, por parte da súa nai, do rei Edwin de Northumbria.

Alfleda viviu case toda a súa vida en mosteiros. Era bastante común no século XII que as mulleres de familias reais se convertesen en monxas; mesmo ás veces as raíñas facíano ao enviuvar, como o fixo a súa nai Eanfleda. O caso de Alfleda é excepcional por ingresar ao mosteiro a unha idade moi temperá, cando aínda non tiña un ano de idade, segundo conta Beda.

Cando Alfleda contaba apenas un ano, o seu pai viuse obrigado a se enfrontar ao poderoso Penda de Mercia que reunira un potente exército para atacar Northumbria. Os numerosos intentos de Oswiu de convencelo por medios diplomáticos e subornos fracasaron, e deu comezo unha guerra na que, contra toda expectativa, a vitoria sorriu aos northumbrianos. Agradecido pola vitoria, Oswiu fundou doce mosteiros e entregou a súa filla a Hilda de Whitby, parente materna da nena, para que fose educada na abadía de Hartlepool. Cando, pouco despois, Hilda abandonou Hartlepool para fundar a abadía de Whitby, levou a Alfleda canda ela.

Á morte de Hilda en 680, a viúva de Oswiu, Eanfleda, maila súa filla Alfleda exerceron como abadesas conxuntas até a morte de Enfleda a finais da década. Alfleda converteríase entón en abadesa de Whitby até a súa morte no 713. Naquela época, a igrexa de Northumbria era unha institución rica e poderosa, e Alfleda puido relacionarse con algunhas das figuras máis destacadas do seu tempo.

Como membro da familia real northumbriana, Alfleda interveu ocasionalmente na vida política do reino. Segundo a Vida de San Cuthbert, Alfleda estaba preocupada pola cuestión sucesoria durante o reinado do seu irmán Ecgfrith, xa que este non tiña herdeiros directos e isto podería crear desordes e loitas no reino, polo que convocou o santo para falar do tema. O propio Cuthbert, lémbralle a Alfleda a existencia dun medio irmán, Aldfrith, que por aquel entón se atopaba vivindo en Iona, no reino de Dalriada. Aldfrith foi coroado tras morrer Ecgfrith, que faleceu en guerra contra os pictos.

Trala morte de Aldfrith, en 705, reavívase o problema sucesorio, xa que o fillo de Aldfrith, Osred, contaba apenas 8 anos por aquel entón e Edwulfo, ocupou o trono de Northumbria. Finalmente, e grazas á intervención de Wilfrid, arcebispo de York, ao que Alfleda apoiou, púidose chegar a un acordo que mantivo a paz no reino e a Osred no trono. Alfleda continuaría sendo unha figura política importante até a súa morte en 713.

Á súa morte foi considerada santa, celebrándose a súa festividade o 8 de febreiro.

  1. de san Nicolás, Fray Pablo (1776). Siglos geronymianos: historia eclesiastica y monastica: parte octava. Imprenta de Bernardo Peralta. p. 393. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]