Alfonso Castro Barrós
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Serantes, España ![]() |
Morte | outubro de 1935 ![]() Serantes, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político, xornalista ![]() |
Alfonso Castro Barrós, nado en Serantes e finado no mesmo concello en outubro de 1935, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Secretario xudicial, foi oficial do xulgado de Ferrol en 1906,[1] secretario do xulgado municipal de Neda en 1910[2] e secretario suplente do xulgado de Serantes en 1915.[3] Foi presidente da Sociedad de Agricultores Libertad y Progreso de Serantes dende 1924,[4] e o primeiro director do seu órgano Libertad. Foi vítima dun atentado en febreiro de 1925,[5][6] Foi presidente do Centro Republicano de Serantes que obtivo 8 concelleiros nas eleccións do 12 de abril de 1931.[7] Na República foi elixido presidente do Centro Republicano de Serantes en maio de 1931,[8] foi xuíz municipal de Serantes e presidente de Izquierda Republicana de Serantes. Finou en Serantes a principios de outubro de 1935.[9]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Amparo Sánchez Martínez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo Gallego, 4-6-1906, p. 2.
- ↑ El Correo Gallego, 11-4-1910, p. 2.
- ↑ El Correo Gallego, 18-4-1915, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 23-12-1924, p. 3.
- ↑ El Ideal Gallego, 3-3-1925, p. 3.
- ↑ El Correo Gallego, 4-6-1906, p. 2.
- ↑ El Correo Gallego, 14-4-1931, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 17-5-1931, p. 5.
- ↑ El Correo Gallego, 3-10-1935, p. 2.