Saltar ao contido

Alfonso Costoya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfonso Costoya
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Valga, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónárbitro Editar o valor en Wikidata


Alfonso Costoya Rodríguez, nado en Valga en 1975, é un árbitro de fútbol galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1993 comeza facendo o papel de xuíz de liña en Terceira División Española e consecutivamente vai pasando a Segunda B, Segunda e en 2000 debuta en Primeira División. Leva dende entón once temporadas como árbitro asistente nas bandas na máxima categoría do fútbol español, e tamén ten arbitrado partidos internacionais entre seleccións UEFA, como un encontro Turquía-Malta de 2006, cualificatorio para a Eurocopa de 2008[1].

Durante moitos anos foi o asistente do tamén galego Bernardino González Vázquez, ata a retirada deste.