Saltar ao contido

Alfonso González Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfonso González Martínez
Biografía
Nacemento4 de maio de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Albacete, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata


Alfonso González Martínez, nado en Albacete o 4 de maio de 1999, e máis coñecido como Alfon, é un futbolista que xoga no Celta de Vigo. A súa posición é a de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alfon comezou a súa carreira como xuvenil do Albacete. Debutou co filial do equipo aos 17 anos, o 21 de agosto de 2016, empezando como titular nun partido da Terceira División contra o CD Atlético Tomelloso, que acabaría nunha derrota por 0 a 1. Anotou o seu primeiro gol con este equipo B o 9 de outubro de 2016, nunha derrota en casa contra o CD Toledo B por 1 a 3.​ Debutaría co primeiro equipo en Segunda B, finalmente, o 14 de maio dese mesmo ano, entrando como substituto de José Fran no minuto 72 de xogo, nun empate a cero contra o Real Madrid Castela.

O 29 de agosto de 2018 Alfon saíu cedido ao Internacional de Madrid da Terceira División por un ano. Ao terminar a súa cesión, renovou o seu contrato co Albacete o 12 de xullo de 2019 ata o ano 2022.​ Aínda así, volvería saír cedido, esta vez ao Getafe B da Segunda B.

O 21 de agosto de 2020 oficializouse o seu seguinte destino, de novo cedido durante un ano, ao Celta de Vigo da Primeira División de España, sendo asignado ao seu equipo filial, tamén militante na Segunda División B española. O 8 de xaneiro desde mesmo ano fixo o seu debut profesional na Primeira División, cando entrou como substituto de Fran Beltrán no minuto 73 do encontro, nunha partida fronte ao Vilarreal CF no que terminaría perdendo o Celta por 0 a 4.

Na tempada 2022-23, xa en propiedade do Celta, chega cedido ao Racing de Santander da Segunda División de España, no que xoga ata o mes de xaneiro de 2023, tras só disputar 223 minutos en oito partidos coa camiseta racinguista na LaLiga SmartBank e 58 minutos na Copa do Rey.

O 30 de xaneiro de 2023 firmou co Real Murcia C. F. da Primeira Federación, cedido ata o final da tempada polo Celta de Vigo. Na tempada 2024-25, de volta no Celta de Vigo, forma parte do cadro de xogadores do club vigués.

A súa primeira titularidade co equipo vigués foi o 26 de agosto de 2024, nun encontro no estadio da Cerámica fronte ao Villarreal que rematou con derrota celeste por 4 goles a 3.[1] Foi substituído no minuto 70 por Iago Aspas.[2]

Club País Ano
Albacete Balompé "B" España España 2016-2018
Albacete Balompié España España 2018-2020
Club Internacional de Madrid (cedido) España España 2018-2019
Getafe CF "B" (cedido) España España 2019-2020
Real Club Celta de Vigo B Galicia Galicia 2020-2023
Racing de Santander (cedido) España España 2022-2023
Real Murcia CF (cedido) España España 2023-2024
Real Club Celta de Vigo Galicia Galicia 2024-act.