Alfonso Mandado Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 ![]() Gondomar, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro industrial ![]() |
Familia | |
Pai | Alfonso Mandado Robles ![]() |
Alfonso Mandado Vázquez, nado en Gondomar en 1952, doutor enxeñeiro industrial e profesor de organización de empresas na Universidade de Vigo[1], é un antigo xogador afeccionado de fútbol, balonmán e rugby que salientou como directivo deportivo presidindo a Federación Española de Rugby entre 2001 e 2012, ocupando a vicepresidencia do Comité Olímpico Español e a vicepresidencia do consello de administración da Fédération Internationale de Rugby Amateur. Dende 2009 preside o Club Baloncesto Baiona[2] e dende 2014 tamén o Gondomar Club de Fútbol.[3]
En política, foi concelleiro en Baiona e tamén en Gondomar. O seu pai, Alfonso Mandado Robles, foi alcalde de Baiona entre 1972 e 1974.
Traxectoria no deporte
[editar | editar a fonte]Alfonso Mandado comezou a súa traxectoria deportiva xogando no Gondomar CF da súa localidade natal. Daquela o club acadou o seu primeiro ascenso á Terceira División. Por mor dos seus estudos residiu en Santiago de Compostela e en Bilbao. En Santiago xogou na SD Compostela e en Bilbao xogou a balonmán e comezou a practicar rugby. Rematou os seus estudos en Madrid onde defendeu as cores do Club de Rugby Cisneros, equipo de referencia nacional nos anos 70 e 80. Xa de volta en Galicia xogou no CDU Santiago e volveu ó seu club de fútbol que mesmo adestrou, até que foi chamado por Antonio Moreno Romo de Arce para que houbese un directivo galego na FER baixo a súa presidencia. Ocupou o cargo de director da selección sub-23 dende 1996 e despois da selección absoluta. Foi membro da directiva tamén baixo a presidencia de Alberto Pico Marín até o seu falecemento en 2001. Entón Alfonso Mandado presentou a súa candidatura para presidir a federación e foi elixido, ocupando o cargo de presidente durante tres lexislaturas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rafael Olmedo, Alfonso Mandado y Antonio Goce distinciones especiales en la "Gala do Deporte de Baiona" Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Alfonso Mandado recibe la Orden Olímpica de Plata Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Entrevista a Alfonso Mandado, presidente do Gondomar CF (en castelán)