Alfonso Otero Varela
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 Santiago de Compostela, España |
Morte | 20 de setembro de 2001 (75/76 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario |
Obra | |
Doutorando | Aquilino Iglesia Ferreirós |
Familia | |
Cónxuxe | Anima Schmitt de Otero |
Alfonso Otero Varela, nado en Santiago de Compostela en 1925 e finado ibídem o 20 de setembro de 2001, foi un avogado e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor de Dereito na Universidade de La Laguna, e dende mediados dos anos cincuenta ata a súa xubilación en 1990 catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano da Facultade de Dereito, e durante o seu mandato inaugurouse o novo edificio da facultade. Foi membro de Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Casou en 1957 con Anima Schmitt, filla do xurista alemán Carl Schmitt, coa que tivo como fillos a Dusanka, Xurxo, Álvaro e Carlos Otero Schmitt.
Obras
[editar | editar a fonte]- Dos estudios histórico-jurídicos, 1955.