Alfonso Rodrigo Méndez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1895 ![]() Bande, España ![]() |
Desaparición | 5 de setembro de 1936 ![]() ![]() |
Morte | p. 5 de setembro de 1936 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Causa da morte | paseo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
![]() |
Alfonso Dámaso Rodrigo Méndez, nado en Bande o 7 de abril de 1895 e finado en Pontevedra o 5 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre en Meira e en 1928 foi trasladado a Porto (Salvaterra de Miño).[1] Despois foi mestre de Padriñán. Organizou as Conferencias Pedagóxicas celebradas en Sanxenxo en 1932. Coordinou a vista das Misións Pedagóxicas a Vilalonga a finais de maio de 1934. Organizou coa mestra Bernarda Pereira a festa escolar do 14 de xullo de 1935. Fundador e secretario da Agrupación Socialista de Sanxenxo, estaba afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi suspendido como de emprego e soldo a finais de agosto. A noite do 5 de setembro, coa desculpa dun traslado da prisión de Pontevedra á de Caldas de Reis, foi paseado ás aforas de Pontevedra en aplicación da "lei de fugas". O seu cadáver nunca foi atopado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 17-6-1928, p. 16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Álvarez Castro, X. (21 de outubro de 2013). "Mestres de Sanxenxo". Pontevedra nos anos do medo.