Alfonso S. Palomares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1935 (89 anos) Paradela, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, novelista |
Familia | |
Cónxuxe | Ana Tutor |
Alfonso Sobrado Palomares, nado en Paradela (Calvos de Randín) en 1935, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 10 anos trasladouse coa súa familia a Ourense, onde estudou no Seminario. Licenciado en Dereito e Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, desempeñou diversos postos en xornais e revistas españolas. Fundou a axencia Radial Press en 1964 e foi comentarista de política internacional en Sábado Gráfico e Cambio l6. En 1973 fundou e dirixiu a revista Ciudadano e despois dirixiu Posible e Leer. Foi comentarista de política internacional en El Periódico de Catalunya, e foi nomeado director da Axencia EFE en 1986. En 1997 incorporouse ao Grupo Zeta como Director de Relacións Internacionais e Asesor Editorial, e comentarista político da revista Tiempo e El Periódico de Catalunya. En 2001 foi nomeado director do Diario Córdoba e editor de Onda Mezquita e en setembro dese ano tomou posesión como Presidente do Consello Social da Universidade de Córdoba.
Dirixiu a Casa de Galicia en Madrid (2006-), foi presidente da Xunta Consultiva do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés (2008).
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]- África, la hora de las violencias, 1969.
- Albert Camus, 1970.
- Agotando la esperanza, (novela) II Premio Café Gijón.
- Las linotipias del miedo, 1977 (novela).
- El socialismo y la polémica marxista, 1979.
- Una larga sed, 1983 (novela).
- Te amaré después de siempre, 2001 (novela).
- Felipe González, el hombre y el político, 2005 (biografía).
- Antonio Asensio, 2007, con José Oneto (biografía).
- Los laberintos del espejo, 2010 (novela).
- El Evangelio de Venus, 2012 (novela).
- Pyjama party, 2016 (novela).
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Xuíz Honorario do Couto Mixto no ano 2006.
- Celanova, Casa dos Poetas no ano 2008.
- Fillo predilecto[1][2] de Calvos de Randín no ano 2023.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ana Tutor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Caño, Xosé Manuel del (2005). Ronsel, ed. Alfonso S. Palomares. La lucha por la libertad. Barcelona. ISBN 978-84-88413-27-7.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sobrado Palomares echa sus raíces en Calvos de Randín". 07/05/2023. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ "Alfonso Sobrado Palomares recibiu o agradecemento dos veciños de Calvos de Randín". 07/05/2023. Consultado o 07/05/2023.