Alfonso Vilachá
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 (75/76 anos) Cartelle, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, adestrador de fútbol, mestre |
Deporte | fútbol |
Alfonso Vilachá Rodríguez, nado en Cartelle en 1949, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De profesión mestre, e técnico nacional de fútbol. Adestrou o CD Arenteiro, entre outros clubs. O seu momento máis destacado sucedeu na tempada 1995-96, cando codirixiu o CD Ourense, a canda Antonio Teixidó. O club ourensanista xogaba en Segunda División española.
É membro dunha familia moi vinculada ao fútbol en Ourense. O seu irmán foi presidente do FC Outomuro e levou o servizo de cafetería do estadio do Couto, en Ourense. O seu curmán Pepe Vilachá, tamén é adestrador de fútbol e dirixiu o CD Lemos e o Verín CF, entre outros; tamén o fillo del, Juanjo Vilachá, foi adestrador da Barbadás, do Arnoia ou do Antela, entre outros.
En política, figurou nas listas municipais do PSdeG ás eleccións locais de 2011 en Ourense e non saíu elixido concelleiro. Porén, un ano máis tarde, e logo da dimisión do que ata daquela fora alcalde, Francisco Rodríguez, no marco da operación Pokémon, accedeu ao pleno ourensán.
Obra
[editar | editar a fonte]- Fútbol base de la escuela a la transición (1992).
- Disfruta entrenando (1994).
- Manual de fútbol base; educar, disfrutar y enseñar (2001).
- Fútbol. Aprender y disfrutar jugando. Con prólogo de Vicente del Bosque (2003).