Alfred North Whitehead
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Alfred North Whitehead, OM, nado en Ramsgate o 15 de febreiro de 1861 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 30 de decembro de 1947, foi un matemático e filósofo inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Publicou traballos sobre álxebra, lóxica, fundamentos das matemáticas, filosofía da ciencia, física, metafísica, epistemoloxía e educación. O traballo máis coñecido, do que é coautor con Bertrand Russell é Principia Mathematica.
Partindo dunha teoría relacionista (ou máis ben relativista) do espazo centrou a súa epistemoloxía na natureza das cousas. Porén, a partir da década de 1930 a súa obra tomou visos metafísicos. Whitehead foi profesor nas universidades de Londres e de Cambridge na que destacou polos seus estudos lóxico-matemáticos, logo nos Estados Unidos foi director da cátedra de filosofía na Universidade Harvard tendo entre os seus discípulos a Quine.
Principais obras
[editar | editar a fonte]- A Treatise on Universal Algebra (1898)
- Principia Mathematica (1910–1913) en coautoría con Russell
- The Concept of Nature (1920)
- Process and Reality (1929)
- Adventures of Ideas (1933)
- Modes of Thought (1938)
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- Filósofos do Reino Unido
- Nados en 1861
- Finados en 1947
- Matemáticos de Inglaterra
- Membros da Royal Society
- Doutores honoris causa pola Universidade Harvard
- Profesores da Universidade de Cambridge
- Profesores da Universidade de Londres
- Profesores da Universidade Harvard
- Nados en Kent, Inglaterra
- Filósofos da ciencia