Alfred Sauvy
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1898 Villeneuve-de-la-Raho, Francia |
Morte | 30 de outubro de 1990 (91 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Montalba-le-Château |
Director Institut national d'études démographiques (pt) | |
1945 – 1962 – Jean Bourgeois-Pichat → | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Politécnica Collège Stanislas (París) |
Actividade | |
Ocupación | economista, historiador, catedrático, antropólogo, Demógrafo, sociólogo |
Empregador | Collège de France (pt) , catedrático (1959–1969) L'Express (pt) |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Doutorando | Jacques Magaud (pt) |
Familia | |
Irmáns | Titaÿna |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сови Альфред) Obálky knih, |
Alfred Sauvy (1898-1990) foi un destacado economista, demógrafo e sociólogo francés. En 1952 cuñou o termo "Tiers Monde" ou "Terceiro Mundo".
Biografía
[editar | editar a fonte]Alfred Sauvy naceu en Villeneuve-de-la-Raho (Pyrénées-Orientales) o 31 de outubro de 1898. Pertencía a unha familia de propietarios agrícolas establecidos no Rosellón desde mediados do século XIX. Seu avó Alfred Sauvy era conselleiro xeral dos Pyrénées-Orientales e o seu outro avó era o xeneral Tisseyre (1838-1937), comandante do Corpo XVII do Exército francés. Un primo de seu pai, Eugène Sauvy, foi alcalde de Perpiñán entre 1904 e 1907. Sauvy logo de combater na primeira guerra mundial, ingresou na prestixiosa École polytechnique, de onde pasou ao corpo de Estatística Xeral de Francia (SGF). Discípulo de Maurice Halbwachs, defendeu as teses natalistas de Adolphe Landry. Conselleiro do goberno de Reynaud en 1938, reformou a semana de 40 horas que instituíra Léon Blum, que máis tarde calificaría como o «acto máis prexudicial cometido desde a anulación do Edito de Nantes»[1].
En 1943, publicou Richesse et population (Riqueza e poboación), no cal avoga por unha política natalista e contra toda forma de protecionismo corporativo ou sindical. Nomeado director do INED (Institut national d'études démographiques), no momento de crearse este organismo (1945), tornouno nun ente de investigación multidisciplinar, e dirixiuno até 1962, conseguindo brillantes colaboradores; polo demais continuou como director da revista "Population" até 1975.
Preocupado por informar ao gran público, considerou crear un boletín sintético mensual de información do INED (catro páxinas), Population & Sociétés, que sería lanzado en 1968 polo seu sucesor, Jean Bourgeois-Pichat, e que contribuiría a reexaminar ideas preconcibidas sobre a caída da natalidade ou sobre o envellecemento da poboación.
Nun artigo aparecido no xornal "L’Observateur" o 14 de agosto de 1952, utilizou por vez primeira o termo "Tiers Monde" (Terceiro Mundo, en alusión ao Tiers Etat ou Terceiro Estado, que usara na época inmediatamente previa á Revolución Francesa do XVIII o Abbé Sieyès: «Car enfin ce Tiers Monde ignoré, exploité, méprisé comme le Tiers-État, veut, lui aussi, être quelque chose» (Pois, en fin este Terceiro Mundo ignorado, explotado, maldecido como o Terceiro Estado, quere, tamén, ser algo). Autor do termo, desprobouno no final da súa vida: «Que l'on permette au créateur de l'expression tiers-monde, il y a déjà près de quarante ans, de la répudier, tant elle fait oublier la diversité croissante des cas. Englober dans le même terme les pays d'Afrique noire et "les quatre dragons" ne peut mener bien loin.»[2](Débeselle permitir ao creador da expresión Terceiro Mundo, hai xa cerca de cuarenta anos, repudiala, entanto que fai esquecer a diversidade crecente do caso. Englobar no mesmo termo os países da África negra e "os catro dragóns" non pode levar moi lonxe).
Alfred Sauvy colaborou activamente no xornal L'Express de Jean-Jacques Servan-Schreiber, e asesorou o goberno de Pierre Mendès France (1954).
En Economía, é coñecido pola súa teoría do desnivel (théorie du déversement). Reafirmou incansabelmente as súas teses en numerosas publicacións. Nomeado membro do Collège de France en 1962, Alfred Sauvy continuou a exercer como xornalista en Le Monde e en L'Expansion, gozando dunha innegábel autoridade persoal, que a miúdo ficaba decepcionada polas decisións políticas, que coidaba tomadas con curtas miras.
Faleceu en París o 30 de outubro de 1990.
Publicacións de A. Sauvy
[editar | editar a fonte]- 1943 La prévision économique – París : PUF, 128 p. (Que sais-je? n° 112)
- 1943 Richesse et population – París : Payot, 318 p.
- 1949 Le pouvoir et l'opinion – París : Payot, 188 p.
- 1952-1954 Théorie générale de la population (2 vol.) – París : PUF, 370 e 397 p.
- 1956 La bureaucratie – París : PUF, 128 p. (Que sais-je? n°712)
- 1957 La nature sociale – París : Librairie Armand Colin, 302 p.
- 1958 De Malthus à Mao-Tsé-Toung – París : Denoël, 303 p.
- 1959 La montée des jeunes (O ascenso da Mocidade)– París : Calmann-Lévy, 264 p.
- 1963 Malthus et les deux Marx – París : Denoël, 367 p.
- 1965 Histoire économique de la France entre les deux guerres (3 vol.) – París : Fayard, 566, 627 e 467 p.
- 1965 Mythologie de notre temps – París : Payot, 300 p.
- 1968 Les Quatre roues de la fortune, essai sur l'automobile (As catro rodas da fortuna: ensaio sobre o automóbil) – París : Flammarion, 251 p.
- 1970 La révolte des jeunes – París : Calmann-Lévy, 272 p.
- 1973 Croissance zéro? – (Crecemento Cero ?) París : Calmann-Lévy, 331 p.
- 1976 L'Économie du diable. Chômage et inflation – (A economía do demo: desemprego e inflación) París : Calmann-Lévy, 247 p.
- 1976 Eléments de démographie – París : PUF, 393 p. (Collection Thémis -Sciences sociales)
- 1977 Coût et valeur de la vie humaine – (Custo e valor da vida humana) París : Hermann, 210 p.
- 1980 La machine et le chômage : les progrès techniques et l'emploi – (A máquina e o desemprego: progreso técnico e emprego) París : Dunod/Bordas, 320 p.
- 1984 Le travail noir et l'économie de demain – (O traballo "negro" e a economía do futuro) París : Calmann-Lévy, 304 p.
- 1985 De la rumeur à l'histoire – (Do rumor á historia) París : Dunod, 304 p.
- 1990 La terre et les hommes : le monde où il va, le monde d'où il vient (A terra e os homes: onde vai e de onde ven o mundo) – París : Economica, 187 p.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Alfred Sauvy |
- Alfred Sauvy, compagnon du siècle, por Michel Lévy, La Manufacture, 1990
- (en francés) Trois mondes, une planète, L’Observateur