Saltar ao contido

Alfredo Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfredo Baltar
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
San Miguel de Negradas, España Editar o valor en Wikidata
Morte1990 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Outros nomesLeón Rojo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Alfredo Baltar Gómez, nado en San Miguel de Negradas (O Vicedo) en 1900 e finado en Buenos Aires en 1990, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viviu de neno en Ferrol. Emigrou a Cuba con 17 anos. Estudou no Centro Gallego de La Habana. Socialista marxista, militou no movemento obreiro cubano e foi dirixente do Sindicato de Dependientes de Café de La Habana. Abandonou Cuba en 1927 e viviu en Madrid e Barcelona. Marchou a Arxentina en 1930 e integrouse no Comité Puenteareano e na Sociedad de Riobarba,[1] e fixo amizade con Vicente Paz Infante e José Cobelo. Fundou o Centro Renovación de Ponteareas en 1935, do que foi dirixente moitos anos. Tamén pertenceu ás sociedades de Riobarba, Salvatierra de Miño e Amigos de la Cooperación. Dirixiu a revista Progreso da Unión de Cortadores de Confección e foi axente de seguros. Dende a súa chegada a Arxentina integrouse na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires colaborando no seu órgano Acción Gallega, onde publicou tamén algúns poemas.

Pasou despois á Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina. Escribiu en Galicia dende 1938 e foi un dos patrocinadores da lista Republicana de Izquierda en 1939. Elixido secretario xeral da Federación en 1940, foi o encargado de recibir a Castelao á súa chegada a Arxentina. Dende 1941 ata 1960 pertenceu á redacción de Galicia, moitas veces como director; alí apareceron artigos seus asinados co pseudónimo León Rojo. Formou parte da alianza socialista-comunista dirixida por Gerardo Díaz, da que tomou distancia na década de 1950. En 1952 participou da Peña Federal. Integrou a xunta executiva con Antonio Alonso en 1955. Volveu dirixir Galicia entre 1972 e 1973. Pertenceu á directiva do Centro Gallego de Buenos Aires, dirixiu o seu órgano Galicia e presidiu o Instituto Argentino de Cultura Gallega. Na década de 1970 participou na rodaxe do documental Castelao (Biografía de un ilustre gallego), poñendo voz a Castelao. Apoiou a xestión presidencial de Raúl Alfonsín.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Recibiu homenaxes na Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina en 1979 e 1989.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1940.

  1. Vida Gallega, 10-12-1930, p. 49.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. p. 241. ISBN 978-950-786-574-9. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]