Saltar ao contido

Alfredo Caamaño Pato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlfredo Caamaño Pato
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor en Wikidata
Negreira, España Editar o valor en Wikidata
Morte1970 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Venezuela Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAlfredito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElena Suárez Suárez Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel Caamaño Pato Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9688

José Alfredo Manuel Caamaño Pato, coñecido como Alfredito, nado en Negreira en 1897 e finado en Venezuela en 1970, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Alfredo Caamaño Ferreiro e sobriño de Manuel Caamaño Ferreiro. Foi presidente de Izquierda Republicana de Negreira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presidiu o Comité de Defensa da República de Negreira. Agochouse no Pazo de Cotón; co seu irmán Manuel pasou a Portugal, e por Francia chegou á zona republicana. Xulgado en Compostela por rebelión, foi declarado en rebeldía. Os franquistas detiveron e condenaron á súa muller Elena Suárez Suárez. Foi xuíz de Belchite e ao caer Belchite estivo en Barcelona como xefe de armamento. Ao rematar a guerra marchou á República Dominicana en decembro de 1939.[1] Despois exiliouse en México e finalmente en Venezuela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]