Alfredo Gómez Ollero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1905 ![]() Paderne de Allariz, España ![]() |
Morte | 13 de febreiro de 1943 ![]() Nantes, Francia ![]() |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar ![]() |
Alfredo Gómez Ollero, nado en Paderne de Allariz o 9 de setembro de 1905 e finado en Nantes o 13 de febreiro de 1943, foi un militar e maquis galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha humilde familia campesiña, aprendeu a ler con 20 anos, traballaba nos veráns como cordoeiro cunha cuadrilla de temporeiros en Córdoba. O 16 de xullo de 1936 viuse atrapado polo estoupido da Guerra Civil na zona republicana. Chegou a capitán do exército republicano, combatendo ás ordes do xeneral Enrique Líster, e exiliouse en Francia.
Internado nos campos de concentración, pasou despois a Nantes e entrou na 178 Compañía de Traballadores Españois. Foi o máximo responsable da resistencia á invasión alemá na zona inferior do Loira. Servía de enlace ao Partido Comunista de España no exilio. Foi detido, xulgado pola Gestapo nun proceso sumarísimo "o proceso dos 42" celebrado o 16 de setembro de 1942, simulacro de xuízo que a ocupación alemá artellou para escarmentar as continuas sabotaxes dos resistentes. Foi encarcerado, torturado e fusilado espido e coas mans atadas ás costas o 13 de febreiro de 1943, xunto con outros 37 maquis, entre eles o seu paisano Benedicto Blanco Dobarro, de Avión.
Le Colectif du Procés des 42, unha organización dedicada á recuperación da memoria histórica dos 37 executados polos nazis, descubriu o 13 de febreiro de 2006 en Nantes un monumento na súa honra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A.R. López e S. Noia (2 de marzo de 2006). "Alfredo Gómez Ollero. A memoria galega no Proceso dos 42" (PDF). Revista das Letras (608).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xosé Lois Carrión (27 de novembro de 2007). "Desaparecidos que vuelven y otros que no". El País (en castelán).