Alfredo Ramos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1972 ![]() A Coruña, España ![]() |
Educación | Universidade de Navarra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, empresario ![]() |
![]() ![]() |
Alfredo Ramos González, nado na Coruña en 1972, é un enxeñeiro e empresario galego, dende 2016 director xeral de R.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade de Vigo, posteriormente formouse como empresario na Escola de Organización Industrial, no IESIDE (daquela Escola de Negocios Caixanova) e no IESE da Universidade de Navarra, Comezou a traballar como enxeñeiro na Armada Española e posteriormente en Indra (daquela Norsistemas), antes de entrar en 1998 en R onde acabou por ser o director para o mercado residencial. En decembro de 2016 foi nomeado director xeral de R[1][2]. Nesta etapa impulsou a aceleradora de empresas baseada en retos Startups R DiCo Challenge[3] en colaboración coa AMTEGA e CRTVG[4] e a primeira cátedra interuniversitaria de Galicia: a cátedra R en ciberseguridade coas Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.[5]
En xuño de 2019 foi nomeado director comercial do mercado masivo para todas as marcas do grupo Euskaltel, incluíndo o inicio de comercialización de Virgin Telco[6] en plena pandemia, e que acadaría 115.000 clientes no seu primeiro ano de vida[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El gallego Alfredo Ramos, nombrado primer ejecutivo de la cablera R". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-12-15. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Euskaltel reafirma la galleguidad de R y nombra al coruñés Alfredo Ramos director general » Galicia" (en castelán). Consultado o 2022-08-09.
- ↑ ExtraDixital (2019-01-31). "CRTVG, Amtega y R se unen para fomentar los contenidos digitales". EXTRADIGITAL - Agencias y Medios de Comunicación (en castelán). Consultado o 2022-08-09.
- ↑ Galicia, Economía en. "20 proyectos compiten por pasar a la fase de aceleración de R DiCo Challenge". Economía en Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "As universidades de Vigo e Coruña alíanse coa operadora galega R para crear unha cátedra interuniversitaria en ciberseguridade | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ "Virgin Telco, la oferta nacional de Euskaltel, nace con precios muy agresivos y datos móviles ilimitados". EXPANSION (en castelán). 2020-05-20. Consultado o 2022-08-09.
- ↑ Press, Europa (2021-05-20). "Virgin Telco alcanza en su primer año de actividad los 115.000 clientes, superando sus previsiones". www.europapress.es. Consultado o 2022-08-09.