Alfredo Souto Cuero
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1862 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 6 de setembro de 1940 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor, xuíz ![]() |
Familia | |
Fillos | Arturo Souto ![]() |
![]() |
Alfredo Souto Cuero, nado na Coruña o 14 de maio de 1862 e finado o 6 de setembro de 1940, foi un xuíz e pintor galego, considerado, xunto a Serafín Avendaño, precursor da escola galega de pintura.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertencente a unha familia da alta burguesía,[1] foi fiscal, xuíz de primeira instancia, maxistrado e presidente de audiencia provincial, o que o levou a residir en varias cidades españolas, ata a súa xubilación en 1923. Discípulo de Román Navarro,[2] foi debuxante da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra de Casto Sampedro Folgar. En Madrid asistiu á Real Academia de Belas Artes de San Fernando.[3] O 13 de febreiro de 1938 ingresou como académico de número na Real Academia Galega de Belas Artes,[4] baixo a presidencia do arquitecto Rafael González Villar.
Colaborou coa prensa en Galicia Moderna, Heraldo de Madrid, Blanco y Negro, La Ilustración Artística e La Ilustración Española y Americana[5].
Teñen obra súa a Academia Galega de Belas Artes, a Deputación da Coruña, o Museo de Belas Artes da Coruña[6], a Colección Afundación[3], a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, o Museo de Pontevedra, o Museo del Prado[7] e o Museo de Huelva[8]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María del Pilar Feijoo Freire de Andrade en 1887 e foi pai de Arturo Souto Feijoo (Pontevedra 1902 - México 1964), pintor.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Til Jar, M.ª Ángeles. "Alfredo Souto Cuero" Diccionario Biográfico electrónico. RAH.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega
- ↑ 3,0 3,1 3,2 García Iglesias, José Manuel. Colección Afundación
- ↑ Histórico de académicos numerarios RAGBA.
- ↑ Utande 1987, p. 263.
- ↑ 6,0 6,1 Museo de Belas Artes da Coruña
- ↑ Museo del Prado (en castelán).
- ↑ 8,0 8,1 Museo de Huelva[Ligazón morta] (en castelán).
- ↑ Blanco y Negro do 20/8/1922 na hemeroteca de ABC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfredo Souto Cuero ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Souto Cuero, Alfredo". Diccionario enciclopédico galego universal 56. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 52. ISBN 84-7680-429-6.
- "Souto Cuero, Alfredo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 252.
- "Souto Cuero, Alfredo". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 389. ISBN 84-7680-288-9.
- Cegarra Martínez, Basilio (1995). "35. Século XX". Atlas Arte. Galicia. Vigo: Nigra. p. 82. ISBN 84-87709-43-5.
- García Iglesias, J. M. (2012). Da fantasía á realidade: Pintura en Galicia de 1833 a 1936. Novacaixagalicia. pp. 12, 77–80, 94–95. ISBN 978-84-96982-58-1.
- Hidalgo, J. M.; et al. (1997). Artistas galegos nas coleccións de Prensa Española 1893-1936 (en bilingüe). Museo Quiñones de León. pp. 35–36; 147–170. VG 930-97.
- López Bernárdez, Carlos (2005). Breve historia da arte galega - Breve historia del arte gallego. Nigra Trea. p. 110. ISBN 84-95364-33-6.
- López Vázquez, J. M. (1990). "El neoclasicismo y el siglo XIX". Enciclopedia temática de Galicia (en castelán) V. Nauta. pp. 144 e 146. ISBN 84-278-1210-8.
- Pablos, Francisco (1981). Pintores gallegos del novecientos (en castelán). Fundación Barrié. pp. 42–49. ISBN 84-85858-06-9.
- —————— (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 27, 30, 33, 310–311. ISBN 84-7231-603-3.
- —————— (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. pp. 42–43. ISBN 84-95364-15-8.
- Travieso Mougán, Javier (2005). "Souto Cuero, Alfredo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Ulloa, Torcuato (15/10/1897). "Artistas gallegos. Alfredo Souto Cuero". Galicia moderna: revista quincenal ilustrada (en castelán) (12): 18–21.
- Utande, M.ª del C. (1987). "Inventario de la colección de dibujos originales para ‘La Ilustración Española y Americana’…" (PDF). Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (en castelán) (64): 249–330. ISSN 0567-560X.
- Valle Pérez, Xosé Carlos (2005). A arte galega na Colección Caixanova (en castelán). Faro de Vigo. pp. 21–23. VG-914/05.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alfredo Souto Cuero na Colección Afundación.
- Bibliografía sobre Alfredo Souto en pintoresgallegos.com.