Saltar ao contido

Museo Municipal Quiñones de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Municipal Quiñones de León

Tipomuseo e monumento Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°12′48″N 8°43′40″O / 42.213222, -8.727666
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloVigo Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCastrelos Editar o valor en Wikidata
Código postal36213 Editar o valor en Wikidata
EnderezoPazo de Castrelos. Parque de Castrelos, s/n Editar o valor en Wikidata
Altitude45 m Editar o valor en Wikidata
SedeVigo Editar o valor en Wikidata
Construción
Fundación1937 Editar o valor en Wikidata
Inauguración22 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de interese cultural
Data1 de marzo de 1962
IdentificadorRI-51-0001396
Contacto
Páxina WEBmuseodevigo.org Editar o valor en Wikidata
Redes sociaisBNE: XX254448
Teléfono+34 986-295075 Editar o valor en Wikidata
Correomailto:museocastrelos@vigo.org Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Quiñones de León, polo escultor Bonome, no Pº de Ángel Ilarri de Vigo.
Policarpo Sanz, doante de varias pinturas ao museo.

O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.

Artigo principal: Pazo de Castrelos.

O parque de Castrelos e o seu pazo pertenceron entre 1678 e 1918 á familia Gago de Mendoza Oca Sarmiento e Montenegro, desde Antonio Feliz Tavarés Ozores e Soutomaior até Fernando Quiñones de León e Elduayen, marqués de Valadares e de Mos. Casado con Marianne Wythe, finou sen descendencia aos 34 anos, deixando como herdeiro ao seu pai, Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, duque de Santo Magno e Conde de Vañuelas. Este, ao non ter netos, doou o parque e o palacio ao concello de Vigo. O concello indemnizou á viúva para que renunciase ao seu dereito usufructuario en xullo de 1934. O 9 de marzo de 1935 constitúese o primeiro padroado e abre ao público como museo o 22 de xullo de 1937.

Os xardíns

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Parque de Castrelos.

No exterior, a transformación da horta traseira do pazo a finais do século XIX, segundo parece coa firma lusa Jacintho de Mattos do Porto, ofrece cinco hectáreas con categoría de xardín histórico e unha ruta botánica de alto valor estético. Está dividido en cinco sectores: acceso, roseiras da parte superior, xardín francés, xardín inglés e bosque.

Orientados ao sur, todo o contraste entre os diferentes conceptos de xardín. Ao pé das ventás, o racionalista: simétrico, estable e proporcionado no que salienta a escultura vexetal da sebe de buxos. Na parte baixa, o romántico inglés: estilo subxectivo, camiños imprevistos, especies de crecemento libre e elementos sacados do orientalismo como pavillóns e pagodes a escala. Destaca o paseo con dobre fila de camelias chamado Paseo de Antonio Odriozola en honor do estudoso deste xénero. Conduce cara ao viveiro e a cancha de tenis, que data da introdución deste deporte en Galicia cando na ría fondeaban cableiros ingleses. Asemade, atoparemos nesta zona estremeira do bosque unha liña dos eucaliptos plantados no ano 1872 e un orixinal pombal erguido sobre un emerxente penedo, no cal cría unha colonia controlada de pombas zuras.

Foi declarado Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural en 1955[1] e dispón dun percorrido sinalizado en linguaxe braille.

A colección do museo

[editar | editar a fonte]

O pazo barroco inclúe salas de arqueoloxía e colección de pintura galega.

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

A colección arqueolóxica abrangue desde o Paleolítico até a romanización de Galicia. Os achados da necrópole romana do Areal en 1953 propiciaron a fundación da sala naquela mesma década.

O Museo Municipal Quiñones de León (no Pazo de Castrelos) comparte fondos coa Pinacoteca Francisco Fernández del Riego (na Casa de Arias Taboada), por ser ambos de titularidade municipal.

Autores
Serafín Avendaño, Paisaxe, 1895, óleo-lenzo, 58x99cm.

Debuxo e gravado

[editar | editar a fonte]

Escultura

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. Con presentación de Joaquín García Picher, prólogo de Francisco Pablos e antecedentes de Ángel Ilarri Gimeno.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]