Víctor Casas Julián
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1936 (88/89 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Víctor Casas Julián, nado en Pontevedra en 1936, é un pintor galego. A súa actividade artística desenvólvese en Madrid, aínda que sempre estivo moi vinculado coa súa Galiza natal.
Estudou en Fomento das Artes, na Escola de San Fernando e no Círculo de Belas Artes. Traballou cos pintores Amadeo Roca e Eduardo Peña, realizando traballos de gravado e serigrafía no taller Tres en Raya.
Viaxou por Europa e Estados Unidos. A súa obra obtivo a medalla de ouro no IV Concurso de pintura de Ponferrada, León en 1971 e a medalla de bronce en VI Bienal Internacional de Pontevedra, en 1981.
A pintura de Casas Julián conserva unha vaga figuración sempre idealizada a base dunha mancha, de intención intimista e lírica. Destacan as súas paisaxes e bodegóns así como as súas acuarelas. A súa obra figura en distintos museos de Galiza e en importantes coleccións particulares.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
- Pablos, Francisco: Colección Adriano Marqués de Magallanes. Vigo, Concello, 1992.
- Chávarri, Raúl: La pintura española actual. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1981.
- Diccionario de artistas españoles. Madrid, Dir. Gral. de Bellas Artes.
- Diccionario de pintores españoles contemporáneos, dirixido por J. I. de Blas. Madrid, Estiarte Edic., 1972.
- 20 años de arte en Pontevedra. Pontevedra, Deputación Provincial, 1989.