Aliança Catalana
Aliança Catalana | |
---|---|
Partido político de Cataluña | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Sílvia Orriols |
Historia | |
Fundación | 2020 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Independentismo catalán Extrema dereita |
Representación | |
Concelleiros de Cataluña | 8 / 9.069 |
Deputados no Parlamento | 2 / 135 |
Outros datos | |
Sede | Sant Jaume, 5, bxs. Ripoll |
Na rede | |
aliancacatalana.cat | |
Aliança Catalana (en galego: Alianza Catalá) é un partido independentista catalán de extrema dereita fundado en Ripoll en 2020. Avoga polo proteccionismo das empresas catalás, a separación entre Estado e relixión e a defensa da economía de mercado. O partido tomou posición contra o bilingüismo en Cataluña e tamén contra a inmigración, feito polo que foi considerado islamófobo.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O 31 de marzo de 2020, Sílvia Orriols, daquela concelleira en Ripoll por Front Nacional de Catalunya (FNC), abandonou FNC por diferenzas sobre o fenómeno da inmigración magrebí,[3] criminalizándoa con discursos islamófobos, logo de instrumentalizar o malestar social tras os atentados en Cataluña en 2017.[4]
Meses despois, o 29 de xullo de 2020, Sílvia Orriols e a agrupación local do FNC decidiron crear un novo partido político que representase o nacionalismo catalán, podería mellorar a seguridade pública e reducir a inmigración magrebí.
En maio de 2023, Aliança Catalana gañou as eleccións municipais en Ripoll ao conseguir seis concelleiros[5][6] cun discurso antiinmigración e introducindo conceptos propios da ultradereita como a teoría da conspiración da gran substitución ou un suposto " choque civilizatorio".[7] Nos outros dous concellos onde concorreu gañou un concelleiro en Manlleu e outro en Ribera d'Ondara.[8] O 12 de xuño, o resto das forzas políticas do concello de Ripoll tentaron facer un pacto para impedir que Aliança Catalana gobernase o municipio,[9] mais Junts per Catalunya finalmente non participou no acordo e Orriols foi investida alcaldesa o 17 de xuño de 2023.[10]
O 11 de xullo de 2023, Sílvia Orriols confirmou que Aliança Catalana se presentaría ás eleccións ao Parlamento de Cataluña.[11] Orriols foi posteriormente escollida como a candidata para as eleccións unha vez foron convocadas. Fíxoo público en marzo dese mesmo ano nun vídeo co slogan «Salvem Catalunya»,[12] e finalmente conseguiu dous escanos.[13]
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]O partido ten como ideólogo o historiador Jordi Aragonès.[14] No ano 2022, durante o acto de presentación do organización en Barcelona,[15] Sílvia Orriols defendeu a independencia unilateral propoñendo expulsar España e Francia de Cataluña,[16] ademais de afirmar publicamente que o islam é incompatible cos valores de Occidente.[17]
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Eleccións municipais
[editar | editar a fonte]Ano | Votos | % | Rexedores | Resultados desglosados | ||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2023 | 1.806 | 0,06 | 8 / 9.139 |
Por concellos
|
Eleccións ao Parlamento de Cataluña
[editar | editar a fonte]Ano | Votos | % | Deputados | Goberno | Resultados desglosados | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2024 | 118.302 | 3,78 | 2 / 135 |
Oposición | Por circunscricións
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moción de censura do 13 de marzo de 2024 entre Acord Municipal e Aliança Catalana[18]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Nació Digital (ed.). "Resultats de les Eleccions Municipals 2023". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2023. Consultado o 31 de maio de 2023.
- ↑ Benítez, Óscar (15 de febreiro de 2022). "Aliança Catalana, la ultraderecha separatista que carga contra la inmigración y el bilingüismo". El Liberal. Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ "Tots els membres de Ripoll del FNC deixen les sigles del partit". 2023-05-28. Consultado o 2023-05-28.
- ↑ Bou, David; Fayos, Ester (2023-05-29). Directa, ed. "Vox aconsegueix 395 regidors en municipis d'arreu dels Països Catalans" (en catalán). Consultado o 2023-05-29.
- ↑ Europa Press, ed. (28 de maio de 2023). "En Ripoll (Girona), con el 100% escrutado, gana Sílvia Orriols (Aliança Catalana)". Consultado o 28 de maio de 2023.
- ↑ TV3, ed. (2023-05-29). "Telenotícies comarques - Victòria d'Aliança catalana a Ripoll amb sis regidors" (en catalán). Consultado o 2023-05-29.
- ↑ Rodríguez, Jesús; Garcia, Gemma; Bou, David (2023-05-31). Directa, ed. "L’exclusió electoral afavoreix la irrupció de l’extrema dreta de Vox i Aliança Catalana" (en catalán). Consultado o 2023-05-31.
- ↑ "L’extrema dreta catalana es fa forta al nord i a l’interior de Catalunya". El Periódico de Catalunya. 28 de maio de 2023. Consultado o 29 de maio de 2023.
- ↑ 324cat (2023-06-12). "Pacte a Ripoll perquè no governi l'Aliança Catalana de Sílvia Orriols, d'extrema dreta" (en catalán). Consultado o 2023-06-12.
- ↑ 324cat (2023-06-17). "L'extrema dreta de Sílvia Orriols governarà Ripoll pel desacord entre Junts, ERC, el PSC i la CUP" (en catalán). Consultado o 2023-06-19.
- ↑ Cumplido, Jordi (2023-07-11). "Sílvia Orriols confirma que Aliança Catalana es presentarà al Parlament". Consultado o 2023-07-18.
- ↑ Ara, ed. (24 de marzo de 2024). "Sílvia Orriols anuncia que es presenta a les eleccions del 12-M". Consultado o 7 de abril de 2024.
- ↑ Generalitat de Catalunya, ed. (12 de maio de 2024). "Resultats de les eleccions al Parlament de Catalunya del 12-M". Consultado o 13 de maio de 2024.
- ↑ ABC, ed. (2023-06-29). "Jordi, el primo (más) ultra de Pere Aragonès" (en castelán). Consultado o 2024-03-14.
- ↑ "Aliança Catalana, la ultraderecha separatista que carga contra la inmigración y el bilingüismo" (en castelán). 2022-02-15. Consultado o 2024-03-14.
- ↑ Fàbregas, Laura (2022-02-21). "Una concejal de Ripoll relanza un partido para «expulsar a España» y a los «inmigrantes» de Cataluña" (en castelán). Consultado o 2024-03-14.
- ↑ RAC1, ed. (2024-03-12). "El Govern multa Sílvia Orriols amb 10.000 euros per unes declaracions sobre la immigració" (en catalán). Consultado o 2024-03-14.
- ↑ Nació Digital, ed. (13 de marzo de 2024). "La moció de censura a Ribera d'Ondara dona el segon govern local a Aliança Catalana" (en catalán). Consultado o 14 de marzo de 2024.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aliança Catalana |