Saltar ao contido

Alicia Fernández Fraga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlicia Fernández Fraga

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1992 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Valdoviño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbalonmanista Editar o valor en Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor en Wikidata
Participou en
25 de xullo de 2021Handebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Feminino (pt) Traducir (9ª) Editar o valor en Wikidata

Instagram: aalifernandez Editar o valor en Wikidata
Alicia Fernández coa selección española.

Alicia Fernández Fraga, nada o 21 de decembro de 1992 en Valdoviño, é unha xogadora de balonmán galega, que xoga no CS Rapid București de Romanía e na selección española.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao balonmán aos 8 anos no CB Narón, e aos 15 marchou a Sagunto, onde ingresou no BM Sagunto. Con 17 anos debutou na División de Honra e en 2012 regresou a Galicia, fichando polo BM Porriño, onde militou dous anos.[3]

Despois de pasar polo Aula Cultural de Valladolid, recalou en 2015 no Bera Bera. Xogou dúas tempadas no equipo donostiarra, gañando unha liga, unha Copa da Raíña e unha Supercopa.

En 2017 deu un xiro á súa carreira, marchando a Romanía, onde fichou polo Râmnicu Vâlcea da cidade homónima.[4] Con este club xogou catro tempadas, gañando unha liga romanesa e sendo elixida en 2019 mellor estranxeira da liga.[5] En abril de 2021 fichou polo CS Rapid București da capital romanesa.[6]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española dende as categorías inferiores e o 30 de maio de 2018 debutou coa selección absoluta, nun encontro fronte a Turquía.[7] Só unhas semanas despois conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos, despois de derrotar a Montenegro nunha final na que foi a máxima goleadora do equipo, con 8 tantos.[8] A finais de ano disputou o Campionato de Europa en Francia, e ao ano seguinte o Campionato Mundial no Xapón, onde conseguiu a medalla de prata despois de perder na final contra os Países Baixos.[9]

En 2021 disputou os Xogos Olímpicos de Toquio,[10] onde o equipo español non puido pasar da fase de grupos, despois de obter dúas vitorias e tres derrotas.[11]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Bera Bera

[editar | editar a fonte]

SCM Râmnicu Vâlcea

[editar | editar a fonte]

Selección española

[editar | editar a fonte]
  1. eurohandball.com (ed.). "Perfil de Alicia Fernández Fraga". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  2. coe.es (ed.). "Perfil de Alicia Fernández Fraga". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  3. Casanova, Jorge (27 de decembro de 2019). "Alicia Fernández: «Aún estamos en una nube»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  4. hcmrmvl.ro (ed.). "Perfil de Alicia Fernández Fraga". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  5. "Premii pentru Crina Pintea și Mihai Popescu » Federația Română de Handbal a desemnat cei mai buni handbaliști ai anului" (en romanés). 9 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  6. "La valdoviñesa Alicia Fernández ficha por el Rapid de Bucarest". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de abril de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  7. "Alicia Fernández será una “guerrera” ante Rumanía". Diario de Ferrol (en castelán). 2 de marzo de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  8. "Las Guerreras, reinas del Mediterráneo" (en castelán). 30 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  9. Calonge, Lorenzo (16 de decembro de 2019). "Una plata para rebobinar". El País (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  10. "Alicia Fernández, convocada coa selección para os xogos olímpicos". CRTVG. 3 de xuño de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021. 
  11. "Alicia Fernández: "Lo dejamos todo en la pista, pero no pudo ser"". Mundo Deportivo (en castelán). 2 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]