Saltar ao contido

Alicia Miyares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlicia Miyares

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de abril de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Les Arriondes, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , filósofa , profesora , activista Editar o valor en Wikidata
MovementoFeminismo Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

Twitter: aliciamiyares BNE: XX4579030 Dialnet: 53851 Editar o valor en Wikidata

Alicia Miyares Fernández, nada en Les Arriondes (Parres, Asturias) o 30 de abril de 1963, é unha filósofa e escritora feminista destacada polos seus traballos sobre igualdade e política, educación e dereitos de cidadanía.[1] Doutora en Filosofía pola Universidade de Oviedo, na actualidade é profesora do Instituto Humanejos de Parla (Madrid) e profesora colaboradora na Universidade de Oviedo.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Les Arriondes, estudou Filosofía e Letras na Universidade de Oviedo. Licenciouse en 1986 e doutorouse en 1990 cunha tese sobre La filosofía de Nietzsche, dirixida por Amelia Valcárcel.

De 1993 a 1995, foi xefa de gabinete da Consellería de Educación e Cultura do Goberno de Asturias con Amelia Valcarcel á fronte da consellería.

En 2006 trasladou a súa residencia a Madrid e incorporouse como conselleira técnica á Unidade de Igualdade "Muller e Ciencia" do Ministerio de Educación e Ciencia (2006-2008).

De 2008 a 2011 foi asesora do gabinete da vicepresidenta primeira do Goberno (2008-2011) con María Teresa Fernández de la Vega.

Dende 2012 é xefa do Departamento de Filosofía e profesora do Instituto Humanejos de Parla (Madrid).[3]

Tamén é integrante do Consello Reitor do Instituto Asturiano da Muller e secretaria da Asociación Española de Filosofía María Zambrano.

  1. "El periodismo necesita inversión. Comparte este artículo utilizando los íconos que aparecen en la página. La reproducción de este contenido sin autorización previa está prohibida.". Milenio. 17 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  2. "Alicia Miyares - Femiteca". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  3. "Web del IES Humanejos". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2015.