Saltar ao contido

Alicia Puleo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlicia Puleo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofa, Ecofeminista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valladolid Editar o valor en Wikidata

Sitio webaliciapuleo.net Editar o valor en Wikidata
Facebook: alicia.puleo Twitter: AliciaPuleo BNE: XX1039293 Editar o valor en Wikidata

Alicia Puleo, nada en Buenos Aires o 30 de novembro de 1952, é unha filósofa feminista radicada no Estado Español. Destacou polo desenvolvemento do pensamento ecofeminista. Entre as súas principais publicacións atópase Ecofeminismo para otro mundo posible (2011).[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É doutora en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid e Titular de Filosofía Moral e Política (Catedrática Acreditada) na Universidade de Valladolid.

Forma parte do Consello da Cátedra de Estudos de Xénero desta universidade e do Consello do Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid.

Dirixiu a Cátedra de Estudos de Xénero da Universidade de Valladolid durante unha década (2000-2010) e coordinou no Instituto de Investigacións Feministas diversos seminarios, entre eles o Discurso sobre la sexualidad y crítica feminista e Feminismo y ecología[2].

Puleo compaxinou a súa carreira como docente coa investigación e a publicación de numerosos libros e artigos sobre desigualdade entre homes e mulleres, xénero e feminismo.

Nos seus traballos analiza os mecanismos socio-culturais que impiden a superación desta desigualdade e os medios que a filosofía feminista ofrece para desactivalos. Nalgúns dos seus estudos sobre a Ilustración francesa examina as raíces desta materia pendente das democracias modernas. Os traballos que dedica á evolución do concepto de sexualidade na filosofía contemporánea de Schopenhauer a Georges Bataille configúranse como unha crítica ás teorías lexitimadoras da violencia ás que se referiu co concepto de "erotismo transgresivo".[3]

Co libro Dialéctica de la sexualidad. Género y sexo en la Filosofía Contemporánea (1992) foi finalista do Premio Nacional de Ensaio.

En 2004 coordinou a edición do libro Mujeres y Ecología: Historia, Pensamiento, Sociedad no que se recollía a relación entre o movemento ecoloxista e o movemento feminista e diferentes experiencias no Estado Español e no ámbito internacional.

En 2011 publicou Ecofeminismo para outro mundo posible unha obra na que ademais de recoller a historia do ecofeminismo e analizar as achegas do movemento feminista ao ecoloxista, non sempre recoñecida, desenvolve a súa proposta do que denominou un ecofeminismo crítico ou ilustrado.

En setembro de 2014 asume a dirección da Colección Feminismos da Editorial Cátedra.[4]

En 2015 edita o libro colectivo Ecología y género en diálogo interdiciplinar no que se analizan os armazóns socio-culturais que tecen as relacións entre os corpos e os ecosistemas que habitamos[5]

Desigualdade

[editar | editar a fonte]

A súa obra articúlase ao redor da preocupación pola desigualdade entre homes e mulleres. Analiza os mecanismos socio-culturais que impiden a superación desta desigualdade e os medios que a filosofía feminista ofrece para desactivarlos.[6] Nalgúns dos seus estudos sobre a Ilustración francesa examina as raíces desta materia pendente das democracias modernas. Os traballos que dedica á evolución do concepto de sexualidade na filosofía contemporánea de Schopenhauer a Georges Bataille configúranse como unha crítica ás teorías lexitimadoras da violencia ás que se referiu co concepto de "erotismo transgresivo".[7]

Na teoría feminista o traballo de Alicia Puleo tendeu pontes entre diferentes correntes feministas. Ao ir máis aló da polarización entre feminismo da igualdade e da diferenza que caracterizou a teoría feminista española nos anos 1980 e anos 1990, Puleo atopou modos de combinar a razón do feminismo da igualdade e a afectividade do feminismo da diferenza apunta Roberta Johnson da Universidade de California.[8]

Ecofeminismo

[editar | editar a fonte]

Puleo está recoñecida como unha das pensadoras ecofeministas máis relevantes na actualidade. "No que se refire ao movemento mundial ou orientación teórica coñecida como ecofeminismo, Alicia Puleo é posibelmente a máis prominente filósofa de España" escribe Johnson en “For a better World: Alicia Puleo’s Critical Ecofeminism”.

A súa proposta do que denominou un ecofeminismo crítico ou ilustrado pode considerarse unha nova forma non esencialista de ética ambiental en clave de xénero.[9] Non considera que as mulleres se atopen nunha especie de simbiose coa Natureza, senón que parte da convicción de que vivimos unha época de crecemento insustentábel que fai inevitábel a vinculación entre feminismo e ecoloxía.[10] Sostén que o enriquecemento mutuo de ambas as perspectivas permitiría construír unha cultura de igualdade e sostibilidade.

A miña posición -escribe Puleo- enraízase na tradición ilustrada de análise das doutrinas e prácticas opresivas. Reivindica a igualdade e a autonomía das mulleres, con particular atención ao recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos que nalgunhas formas de ecofeminismo podían ser erosionados en nome da santidade da vida. Acepta os beneficios do coñecemento científico e tecnolóxico con prudencia e actitude vixiante. Fomenta a universalización dos valores da ética do coidado, evitando facer das mulleres as salvadoras do planeta. Propón unha aprendizaxe intercultural sen menoscabo dos dereitos humanos das mulleres e afirma a unidade e continuidade da Natureza desde o coñecemento evolucionista, o sentimento de compaixón e a vontade de xustiza para cos animais non humanos, ese Outro ignorado e silencioso, mais capaz de anhelar, amar e sufrir.[11]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Individuais

[editar | editar a fonte]
  • Cómo leer a Schopenhauer (1991) Editorial Júcar, Gijón-Madrid ISBN 84-334-0809-7
  • Dialéctica de la sexualidad. Género y sexo en la Filosofía Contemporánea (1992) Cátedra, Madrid ISBN 84-376-1051-6
  • La Ilustración olvidada. La polémica de los sexos en el siglo XVIII (1993) (A. H. Puleo, editora.) Prólogo de Celia Amorós. Con textos de Condorcet, Olimpia de Gouges, Montesquieu, D'Alembert, Louise d'Epinay, etc. Anthropos, Barcelona ISBN 84-7658-408-3X[12]
  • Figuras del Otro en la Ilustración francesa. Diderot y otros autores (1996) Escuela Libre Editorial, Madrid, 1996. ISBN 84-88816-16-2
  • Filosofía, Género y Pensamiento crítico (2000) Universidad de Valladolid ISBN 84-8448-026-7
  • Ecofeminismo para otro mundo posible (2011) Editorial Cátedra. Colección Feminismos. Madrid. 2011 ISBN 978-84-376-2729-8

Colectivas

[editar | editar a fonte]
  • La filosofía contemporánea desde una perspectiva no androcéntrica, (1992) (A. H. Puleo, coord.), Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid. ISBN 84-369-2338-3[13]
  • Papeles sociales de mujeres y hombres (1995) (Alicia H. Puleo y Elisa Favaro, coord.), Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid, 1995. ISBN 84-369-2767-2
  • Philosophie und Geschlecht in Spanien, en Die Philosophin (2002) n° 26, dezember pp. 103–112. ISSN 09367586
  • Mujeres y Ecología. Historia, Pensamiento, Sociedad (2004) (Cavana, María Luisa; Puleo, Alicia; Segura, Cristina, eds), Almudayna, Madrid ISBN 84-87090-31-1
  • Gender, Nature and Death (2005) en De Sotelo, Elisabeth (ed.), New Women in Spain. Social-Political and Philosophical Studies of Feminist Thought, Lit Verlag, Münster- Transaction Publishers, Nova York, 2005, pp. 173–182. ISBN 3825861996
  • Del ecofeminismo clásico al deconstructivo: principales corrientes de un pensamiento poco conocido (2005) en Amorós, Celia, De Miguel, Ana (ed.), Historia de la teoría feminista. De la Ilustración a la globalización, ed. Minerva, Madrid, 2005, pp. 121–152. ISBN 84-88123-54-X
  • Un parcours philosophique: du désenchantement du monde à la compassion, L’Esprit créateur (2006) Johns Hopkins University Press, Baltimore, vol.46, n°2 pp. 5–16. ISSN 0014-0767
  • Philosophy, Politics and Sexuality, en Femenías, Mª Luisa; Oliver, Amy; Feminist Philosophy in Latin America and Spain (2007) VIPS RODOPI ed., Amsterdam/Nova York ISBN 978-90-420-2207-2
  • El hilo de Aradna: ecofeminismo, animales y crítica al androcentrismo en Feminismo Ecológico. Estudios multidisciplinares de género. Universidade de Salamanca (2007)[14]
  • El reto de la igualdad de género. Nuevas perspectivas en Ética y Filosofía Política (2008) Alicia H. Puleo, ed. Biblioteca Nueva, Madrid ISBN 978-84-9742-866-8
  • Libertad, igualdad, sostenibilidad, por un ecofeminismo ilustrado. (2008) Isegoría. Revista de Filosofía Moral y Política Nº38, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Madrid, xaneiro-xuño de 2008, pp. 39–59. ISSN 1130-2097[15]
  • Ecología y Género en diálogo interdisciplinar (2015) Ed. Plaza y Valdés ISBN 978-84-16032-43-3
  • Lo personal es político: el surgimiento del feminismo radical (2005). En Ana de Miguel Álvarez y Celia Amorós. Teoría feminista: de la ilustración a la globalización II. Minerva. p. 58. ISBN 848812354X.
  1. "Entrevista a Alicia Puleo sobre ecofeminismo". La Vanguardia. Consultado o 26 de febreiro de 2016. 
  2. "“Mujeres y ecología: historia, pensamiento y sociedad"". www.mujeresenred.net. Consultado o 26 de febreiro de 2016. 
  3. "Puleo Alicia - Filosofia Genero Y Pensamiento Critico (incompleto) Pdf". 
  4. Plaza y Valdes (ed.). "Alicia H. Puleo | Plaza y Valdés Editores". www.plazayvaldes.es. Consultado o 26 de febreiro de 2016. 
  5. "Género y Ecología en diálogo interdisciplinar". 
  6. Posada Kubissa, Luisa, “Investigación y feminismo hoy en España: apuntes sobre una presencia creciente”, Revista Internacional de Filosofía Política nº17, xullo de 2001, UNED-UAM, España-México, pp.215-224.
  7. Amorós, Celia, Tiempo de feminismo. Sobre feminismo, proyecto ilustrado y postmodernidad , Cátedra, Madrid, 1997, p.221.
  8. Johnson, Roberta (1 de xaneiro de 2013). "For a better World: Alicia Puleo’s Critical Ecofeminism". Global Issues in Contemporary Hispanic Women's Writing: Shaping Gender, the Environment, and Politics (en inglés). Routledge. ISBN 9780415626941. 
  9. Romero, Rosalía, “Hacia una Historia del Pensamiento Feminista en España”, Labrys. Études Féministes , nº 10, Francia-Brasil-Canadá, 2006, pp. 1-34.
  10. Posada Kubissa, Luisa, op.cit.
  11. "Ecofeminismo para otro mundo posible | Ecologistas en Acción". 
  12. La Ilustración olvidada: la polémica de los sexos en el siglo XVIII (en castelán). Anthropos Editorial. ISBN 9788476584088. 
  13. Ministerio de Educación de España (ed.). La filosofía contemporánea desde una perspectiva no androcéntrica. Ministerio de Educación. ISBN 84-369-2338-3. 
  14. Feminismo Ecológico. Estudios multidisciplinares de género (en castelán). Universidade de Salamanca. ISBN 9788478003839. 
  15. "“Libertad, igualdad, sostenibilidad. Por un ecofeminismo ilustrado”". 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]