Alicia Sanz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1988 (36 anos) Ceuta, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema |
Alicia Sanz, nada en Ceuta o 10 de abril de 1988, é unha actriz española, residente nos Ánxeles coñecida polo seu papel de Lucía Elizondo na serie Gavilanes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a formarse con 6 anos no Centro Dramático Nacional de Ceuta e nas escolas de danza Cuna de Arte e Rosa Founound. En 2007, ó rematar o bacharelato, mudouse a Madrid para estudar interpretación na escola de Juan Carlos Corazza. Compaxinouno con clases de danza en Carmen Roche, clases de voz e canto con Vicente Fontes e seminarios con Claudio Tolcachir, Manuel Morón e Rosa Morais entre outros.
En 2009 empezou a dar os seus primeiros pasos como actriz rodando as curtametraxes El sobrino, Señales e varios videoclips. En 2010 apareceu por primeira vez na pequena pantalla na serie La pecera de Eva de Telecinco, na que interpretaba a Alicia, unha moza adolescente. O seu primeiro papel protagonista chegoulle ese mesmo ano da man de Gavilanes, o remake televisivo de Gavilanes de Antena 3 onde interpretaba a Lucía Elizondo, unha moza atractiva e con moito carácter.
Fala inglés, francés e ten coñecementos de árabe.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Television
[editar | editar a fonte]- La pecera de Eva, como Alicia (2010)
- Gavilanes, como Lucía Elizondo Cortés (2010-2011)
- Bandolera, como María Ortega (2012-2013)
- Con el culo al aire, un episodio, como Cynthia (2012)
- Amar es para siempre, como Maite Gimeno (2013-2014)
- Cuéntame cómo pasó, como Melek Halaskar, dous episodios: El amor es una droga blanda e Punto límite (2015)
- From Dusk till Dawn: The Series, como Paloma (2015)
- Baby Daddy, como Elena Ríos (2016)
- Castle, como Sarah Miller (2016)
Filmes
[editar | editar a fonte]- Afterparty, como Carla. Dir. Miguel Larraya (2013)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)
- Alicia Sanz na IMDb (en inglés).