Alma Gallega (A Habana, 1939)
Alma Gallega | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1939 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | A Habana |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alma Gallega foi unha publicación editada na Habana entre 1939 e 1940.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Periódico mensual. Defensora del prestigio y de los derechos de los españoles residentes en Cuba, apareceu o 1 de decembro de 1939. O director técnico era Luis Reynante Losada, o director político Radio Cremata e o xefe de redacción Benito Penabad. Entre os seus colaboradores figuraron Eduardo Pérez Marzoa, Juan Pacheco Pérez e Elena Castro de Álvarez. Órgano informativo da Unión Progresista Gallega, pro Centro Gallego. Ofrecía información sobre as sociedades galegas en Cuba. Con marcada inclinación cara a causa republicana, atacou os dirixentes do Centro Galego polas súas posicións reaccionarias. Dedicoulle espazo aos temas literarios e publicou poemas, algúns en galego. Tivo curta duración.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Repertorio da prensa galega da emigración Consello da Cultura Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Alma Gallega". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Alma Gallega". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Domingo Cuadriello, J. (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Sevilla: Renacimiento. p. 236. ISBN 84-8472-069-1.
- Neira Vilas, Xosé (1985). A prensa galega de Cuba. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-264-X.
- —————— (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. p. 198. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Galaxia. p. 41. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xornais e revistas de Cuba enciclopediadaemigraciongalega.com