Saltar ao contido

Alonso I de Fonseca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlonso I de Fonseca

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1415 Editar o valor en Wikidata
Toro, España Editar o valor en Wikidata
Morte1473 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Coca, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCoca Editar o valor en Wikidata
Arcebispo de Santiago de Compostela
3 de decembro de 1460 – 1486 – Alonso II de Fonseca →
Arcebispo de Sevilla
4 de febreiro de 1454 – 3 de decembro de 1460
← Alonso II de FonsecaPietro Riario →
Arcebispo católico
Capelán maior do rei
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico, estadista Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsCatalina de Fonseca y Ulloa Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1554102

Alonso I de Fonseca, nado en Toro (provincia de Zamora) en 1418 e finado en Coca (provincia de Segovia) en 1473, foi bispo de Ávila entre 1445 e 1453 e arcebispo de Santiago de Compostela entre os anos 1460 e 1463, e tamén de Sevilla, desde o ano 1454 ata o 1473. É considerado o iniciador dun novo período na sede compostelá e o definidor do morgado familiar dos Fonseca, familia moi influente na Galicia dese momento e en España.

A pesar de que na súa vida ocupou tres sés, non se posúe moita documentación sobre os seus mandatos, polo que escasean os datos sobre a súa vida, moitos deles obtidos do seu testamento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Tumba de Xoán II de Castela na Cartuxa de Miraflores.

Fillo de Juan Alonso de Ulloa, de orixe portuguesa, conselleiro do rei Xoán II e de Beatriz Rodríguez de Fonseca, que tiveron como fillos a Pedro Ruíz de Ulloa e Fonseca, Hernando de Fonseca e Catalina de Fonseca, esposa de Diego de Acevedo (os condes de Ayala) e nai de Alonso II de Fonseca.

Durante os últimos 15 anos do reinado do Rei Xoán permaneceu na Corte, e seguiu mantendo a graza do sucesor de Xoán Henrique IV do que foi Capelán Maior, chegando incluso a bendicir o seu matrimonio con Xoana de Portugal no ano 1455. Pero poucos anos despois é rexeitado.

En setembro de 1460 enferma gravemente en Valladolid, feito que o leva o 3 de setembro a redactar o seu testamento.

Arcebispado de Santiago de Compostela

[editar | editar a fonte]

Nos anos 1460 a 1463 ocupou a sede de Compostela no lugar do seu sobriño Alonso II de Fonseca, que permaneceu como administrador da sede en Sevilla, coa finalidade de poñer paz nos convulsos dominios do arcebispado compostelán. Pero no mesmo ano de 1463 os seus inimigos na Corte, dirixidos por Juan Fernández Galindo, comendador da raíña, e Afonso de Velasco, conseguen expulsalo de ambas as mitras (Santiago e Sevilla), polo que o rei ordena a súa volta a Sevilla. Pouco máis tarde novas disposicións reais quitábanlle ao arcebispo a posesión do seu señorío, perdendo moitas das súas rendas e os seus partidarios foron apresados.

Castelo de Coca onde Alonso I estableceu o seu morgado.

A volta a Sevilla

[editar | editar a fonte]

A partir deste momento o arcebispo opta por actuar dun xeito máis discreto nas súas relacións coa Corte e comeza a afianzar o morgado familiar na vila de Coca (a vila de Toro era a casa primitiva da estirpe). No ano 1467 a raíña Xoana, esposa de Henrique IV, foi retida nesta vila por Alonso de Fonseca, seguindo instrucións precisas do rei.

Na vila de Coca morreu no ano 1473 non sen antes vincular o futuro da súa familia ao apoio á sucesión da futura Isabel a Católica


Predecesor:
Lope de Barrientos
 Bispo de Ávila 
1445 - 1454
Sucesor:
Alonso Fernández de Madrigal, o Tostado


Predecesor:
Juan de Cervantes
 Arcebispo de Sevilla 
1454 - 1465
Sucesor:
Alonso de Fonseca e Acevedo


Predecesor:
Alonso de Fonseca e Acevedo
 Arcebispado de Santiago (Administrador) 
1460 - 1463
Sucesor:
Alonso de Fonseca e Acevedo


Predecesor:
Alonso de Fonseca e Acevedo
 Arcebispo de Sevilla 
1469 - 1473
Sucesor:
Pedro Riario


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]