Saltar ao contido

Alpendre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura de cuberto típica en Galicia. Neste caso trátase dun pendello de feira de Agolada.
Un alboio vello en Polonia.
Un alpendre típico dos Estados Unidos en Wisconsin.

Un alpendre ou alboio[1] é unha construción rústica rural con paredes e cuberta ou só con cuberta onde se gardan apeiros, mercadorías, leña, maquinaria, o carro, trastes ou calquera tipo de ferramenta. Tamén recibe o nome de cabanel, chapitel, cuberto ou pendello.[1]

Moitas veces tamén se realizan nel tarefas agrícolas ou artesás. Nalgunhas zonas de Galicia ten a función de palleira. Nas zonas do sueste de Galicia, onde non hai hórreos, adoitan ter a función de celeiro.[Cómpre referencia]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alpendre.