Alpheus Hyatt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1838 Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Morte | 15 de xaneiro de 1902 (63 anos) Cambridge, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Congressional Cemetery (en) |
Educación | Universidade Harvard Universidade Yale |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía |
Ocupación | paleontólogo, zoólogo, biólogo mariño |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Hyatt |
Familia | |
Fillos | Anna Hyatt Huntington |
Premios | |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica |
Alpheus Hyatt (5 de abril de 1838 – 15 de xaneiro de 1902) foi un zoólogo e palaeontólogo estadounidense. Foi unha eminencia no estudo de invertebrados fósiles, especialmente cefalópodos.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Alpheus Hyatt II naceu en Washington, D.C. fillo de Alpheus Hyatt e Harriet Randolph (King) Hyatt. Asistiu durante breve tempo á Academia Militar de Maryland e á Universidade Yale, e despois graduouse na Universidade Harvard en 1862; alistouse como soldado raso na Infantería de Voluntarios de Massachusetts para a guerra civil estadounidense, acabando co rango de capitán.[2]
Despois da guerra traballou durante un tempo no Instituto Essex (agora chamado Peabody Essex Museum de Salem, Massachusetts). Xunto cun colega fundou a revista The American Naturalist e Hyatt foi o seu editor entre 1867 e 1870. Converteuse en profesor de paleontoloxía e zooloxía no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1870, onde impartiu docencia durante dezaoito anos, e foi profesor de bioloxía e zooloxía na Universidade de Boston de 1877 ata a súa morte en 1902. Tamén serviu como curador da Sociedade de Boston de Historia Natural, onde a súa axudante foi por longo tempo a súa anterior estudante Jennie Maria Arms Sheldon, e creou un laboratorio na Norwood-Hyatt House en 1879[3] para o estudo da bioloxía mariña en Annisquam, Massachusetts. O edificio de River Road deulle acceso ao río Annisquam, un estuario de auga salgada. Esta institución mudouse a Woods Hole e converteuse no laboratorio biolóxico mariño de Woods Hole en 1888.[1][4][5]
Hyatt estudou co profesor Louis Agassiz[1] e foi un dos propoñentes do neolamarckismo xunto con Edward Drinker Cope.[6] En 1869, a Academia Americana das Artes e as Ciencias elixiuno como membro en 1875, e foi elixido membro da Academia Nacional das Ciencias dos Estados Unidos.[7] Foi elixido membro da American Philosophical Society en 1895.[8] En 1898, recibiu o grao honorario de LL.D. (doutor en dereito) da Universidade Brown.[2]
El e a súa muller, Audella Beebe, coa que casou en 1867,[9] foron os pais da famosa escultora Anna Hyatt Huntington; os seus outros fillos foron Harriet Randolph Hyatt Mayor, que tamén era escultora, aínda que menos coñecida (e nai do historiador A. Hyatt Mayor), e Alpheus Hyatt III.
Morreu en Cambridge, Massachusetts en 1902.[2]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Hyatt, Alpheus (1867). "The Moss-Animals, or Fresh Water Polyzoa". The American Naturalist 1 (2): 57–64, 131–136, 180–186. doi:10.1086/270019.
- Hyatt, A (outubro de 1880). "Transformation of Planorbis: A Practical Illustration of the Evolution of Species". Science 1 (17): 196. ISSN 0036-8075. PMID 17736203. doi:10.1126/science.os-1.17.196.
- Hyatt, A (febreiro de 1884). "The Evolution of the Cephalopoda.--Ii". Science 3 (53): 145–149. Bibcode:1884Sci.....3..145H. ISSN 0036-8075. PMID 17756220. doi:10.1126/science.ns-3.53.145.
- Hyatt, A (outubro de 1884). "The primitive Conocoryphean". Science 4 (88): 351. Bibcode:1884Sci.....4R.351H. ISSN 0036-8075. PMID 17770756. doi:10.1126/science.ns-4.88.351-c.
- Hyatt, A (outubro de 1885). "Cruise of the Arethusa". Science 6 (143): 384–386. Bibcode:1885Sci.....6..384H. ISSN 0036-8075. PMID 17830507. doi:10.1126/science.ns-6.143.384-a.
- Hyatt, A (outubro de 1887). "The Scientific Swindler Again". Science 10 (246): 203. Bibcode:1887Sci....10R.203H. ISSN 0036-8075. PMID 17775319. doi:10.1126/science.ns-10.246.203.
- Hyatt, A (febreiro de 1895). "Laboratory Teaching of Large Classes". Science 1 (8): 197–203. Bibcode:1895Sci.....1..197H. ISSN 0036-8075. PMID 17746309. doi:10.1126/science.1.8.197.
- Hyatt, A (xaneiro de 1897). "Cycle in the Life of the Individual (Ontogeny) and in the Evolution of Its Own Group (Phylogeny)". Science 5 (109): 161–171. Bibcode:1897Sci.....5..161H. ISSN 0036-8075. PMID 17781838. doi:10.1126/science.5.109.161. hdl:2027/hvd.32044072278484.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Encyclopaedia Britannica Alpheus Hyatt
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Harvard University Alpheus Hyatt
- ↑ "University Library, "Alpheus Hyatt Papers"". Syracuse University Library. Consultado o 19 de xaneiro de 2011.
- ↑ Smithsonian Institution Alpheus Hyatt
- ↑ Famous American.net - Virtual American Biographies Alpheus Hyatt
- ↑ Conchology Alpheus Hyatt
- ↑ Beecher, Charles (1 de febreiro de 1902). "Obituary Alpheus Hyatt". The American Journal of Science. s4-13 (74): 164.
- ↑ "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2024-03-12.
- ↑ T. W. Stanton. Proceedings of the Washington Academy of Sciences, Vol. 5 (1903), pp. 389-391 (3 páxinas) - JSTOR Alpheus Hyatt
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Alpheus Hyatt (1838–1902)". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2005.
- "Alpheus Hyatt II Papers". Syracuse University Library.
- Whyld, Bea (maio-xuño de 2005). "Anna Hyatt Huntington and the Huntington Great Danes". Subrosa: The Huntington Rose and Perennial Gardens Newsletter 42. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2008.
- National Academy of Sciences Biographical Memoir