Alternaria solani
Alternaria solani | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Alternaria solani (Cooke) Wint. |
Alternaria solani é un fungo do xénero Alternaria que ataca a familia das solanáceas de forma global, provocando unha doenza coñecida como pinta negra ou mancha de alternaria (en inglés coñecido coma early blight e en castelán coma tizón temprano).
Etioloxía
[editar | editar a fonte]O fungo tamén é patóxeno noutras solanáceas, sobrevivindo en restos de cultivos, solos e outros hospedeiros. A infección nas follas pode ocorrer de forma asintomática, dependendo da actividade do tecido foliar, nivel de fertilización nitroxenada e idade. A alternancia entre períodos secos e húmidos favorece o rápido desenvolvemento da doenza, sendo máis severa en plantas con estrés hídrico ou nutricional.
Sinais
[editar | editar a fonte]Ataca toda a parte aérea da planta, pecíolo e talo. Os sinais inicialmente son visíbeis nas follas máis vellas e baixas da planta, onde xorden pequenas manchas. Estas crecen posteriormente adquirindo un formato ovoide, de coloración escura e con zonas concéntricas características. Nos tubérculos, as lesións son escuras, de formato circular ou irregular e deprimidas.
Control
[editar | editar a fonte]As medidas de control son semellantes a do mildio da pataqueira (Phytophthora infestans), pois ambas ocorren moitas veces simultaneamente. O uso de sementes de patacas sadias sas é fundamental para o control. Algúns cultivares nacionais como Aracy e Contenda teñen resistencia intermediaria porén, non dispensan o uso de funxicidas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- SCIELO: Control de Alternaria solani en tomateira por extratos de cúrcuma e curcumina - II. Avaliación in vivo