Alternativa por Castilla y León
Alternativa por Castilla y León | |
---|---|
Tipo | partido político español |
Ideoloxía | sen etiquetar |
Data de fundación | 2007 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alternativa por Castilla y León (ACAL) (Alternativa por Castela e León en galego) foi unha coalición electoral española xurdida a finais de 2006 e constituída legalmente en marzo de 2007 e que agrupaba partidos nacionalistas, rexionalistas e independentes de Castela e León. Os seus promotores foron a formación nacionalista castelá Tierra Comunera, o Partido de El Bierzo e o Partido del Progreso de las Ciudades y las Comarcas de Castilla y León. O Partido de El Bierzo formou parte da coalición só para as eleccións autonómicas, non para as municipais nas que se presentou en solitario. Aspiraban a conseguir 100.000 votos en Castela e León e obter representación no parlamento rexional. O seu obxectivo era rematar co bipartidismo de PP e PSOE.
Presentáronse en candidatura conxunta para as eleccións Autonómicas de Castela e León de 2007: Ademais de Tierra Comunera, forman parte de Alternativa de Castilla y León, Independientes de Palencia, Tiétar, Laguna, Riaza, o Partido de El Bierzo, Partido del Progreso de las Ciudades y Comarcas de Castilla y León, Iniciativa por Soria, de las Merindades, de Guardo, os Verdes de Segovia e previsiblemente os Verdes de Laciana, Agrupación de Segovia e Unión del Pueblo Zamorano.[1]
En 2008 ao termo das eleccións Xerais sáese da coalición Tierra Comunera e o resto de partidos seguen formando Alternativa por Castela e León. En 2009 Tierra Comunera e Alternativa por Castilla y León forman xunto a outros partidos castelanitas-rexionais de Castela e león: o Partido de Castilla y León (PCAL), para concorrer nunha candidatura única ás Eleccións Autonómicas de Castela e León de 2011 e ás Xerais de 2012. Nas municipais o de concorrer unidos ou non terá que verse concello a concello chegado o momento.
Compoñentes
[editar | editar a fonte]- Tierra Comunera (deixou a coalición en 2008)
- Partido de El Bierzo
- Partido del Progreso de las Ciudades y las Comarcas de Castilla y León
- Iniciativa de las Merindades de Burgos
- CIVES-Palencia
- Agrupación Ávila Independiente
- Agrupación Palencia Independiente
- Agrupación Segoviana Independiente
- Centristas de Ávila
- Independientes de El Tiétar
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]A coalición obtivo 17.394 votos (1,16%) nas eleccións autonómicas de Castela e León. Os resultados foron malos comparándoos cos resultados que os partidos compoñentes recibiran nas eleccións anteriores. TC obtivera nas autonómicas de 2003 18.357 votos (1,19%), en tanto que o Partido de El Bierzo en 2003 obtivo 2.016 votos (0,13%). Nas eleccións municipais de 2007, coa denominación TC-ACAL, a coalición obtivo 12.119 votos (0,81%). Só TC nas municipais de 2003 xa superou esa cifra cun total de 13.696 votos (0,88%). En total, TC-ACAL obtivo 86 concelleiros, fundamentalmente na provincia de Burgos (65).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Once formacións políticas concorrerán ás eleccións autonómicas como Alternativa de Castela e León". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2012. Consultado o 14 de novembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Siete partidos regionales se unen en PCAL
- Unidad Regionalista de Castilla y León concurrirá en solitario a las elecciones autonómicas y municipales sin coaligarse con ninguna otra formación
- Web del PCAL
- Once formaciones políticas concurrirán a las elecciones autonómicas como Alternativa de Castilla y LeónArquivado 18 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
- Siete partidos regionales se unen en PCAL
- El Partido de Castilla y León (PCAL) presenta en Valladolid su gestora regional(marzo de 2009).