Saltar ao contido

Alto do Fiouco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAlto do Fiouco
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMondoñedo, España e A Pastoriza, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°23′00″N 7°22′19″O / 43.3833, -7.3719
Características
Altitude698 m Editar o valor en Wikidata

O Alto do Fiouco é un colado situado a 698 m de altitude na xuntura do Cordal de Neda coa serra de Lourenzá. Separa a bacía do río Masma (vertente cantábrica) da do río Miño (vertente atlántica) e comunica as parroquias de Argomoso (Mondoñedo) e Cadavedo (A Pastoriza). Recibe o seu nome polo Cristo do Fiouco, un cruceiro teitado á beira da estrada que o atravesa.

A autovía A-8 pasa lonxitudinalmente polo Fiouco no punto quilométrico 547, no tramo entre Lindín (Mondoñedo) e A Carreira (Abadín).

No alto do Fiouco produciuse un accidente multitudinario o 26 de xullo de 2014, no que perdeu a vida unha persoa[1][2] e se viron implicadas varias decenas de coches a causa da néboa. Ten sona precisamente debido a estar o paso da autovía pechado con frecuencia[3], pois segundo un estudo[4][5] preto do 10% do tempo ten unha visibilidade menor de 50 m. O motivo principal da néboa na zona é o arrefriamento do aire húmido procedente da costa, denominado efecto Föhn.[4][6]

A néboa era un fenómeno longamente coñecido no lugar antes da construción da autovía. A raíz do accidente, o Ministerio de Fomento habilitou diversas medidas provisionais e está a desenvolver un proceso para tentar evitar a néboa e os numerosos peches do servizo da autovía.[7]