Saltar ao contido

Altza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAltza
Imaxe

Localización
Mapa
 43°18′50″N 1°56′05″O / 43.31389, -1.93472
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaGuipúscoa
ComarcasDonostialdea
ConcelloDonostia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación20.480 (2023) Editar o valor en Wikidata (4.104,21 hab./km²)
Xeografía
Superficie4,99 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude93 m Editar o valor en Wikidata

Altza é un barrio da cidade de Donostia que ocupa a súa zona leste, no límite co concello de Pasaia. Ten unha poboación de 21.487 habitantes.

Aínda que historicamente formou parte do concello de Donostia, durante algúns períodos foi concello independente, primeiro entre 1821 e 1823, e posteriormente entre 1879 e 1940.

Historicamente, Altza era unha entidade eminentemente rural. O núcleo urbano situábase nun outeiro que dominaba a baía de Pasaia, contaba cun barrio portuario (Herrera) e varios casaríos distribuídos polo termo municipal, e limitaba co barrio de Buenavista de Pasaia e co alto de Miracruz e Martutene, no concello de Donostia.

Despois da súa última anexión, varias ondas de inmigración cambiaron a súa fisonomía e socioloxía nas décadas de 1960 e 1970, converténdose na principal zona de expansión da cidade e nacendo novos barrios como Bidebieta ou Intxaurrondo. Polo tanto, o actual barrio de Altza comprende só unha parte do antigo concello, concretamente a comprendida entre a autoestrada AP-8 e o porto de Pasaia, separado do resto da cidade de Donostia por un enlace da AP-8. O actual Altza está formado polos barrios de Altza Gaina, Arria, Auditz-Akular, Buenavista, Eskalantegi, Herrera, Larratxo, Molinao e Oleta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]