Saltar ao contido

Aluminosilicato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aluminosilicato
Estruturas de armazón de ceolita tipo LTA (esquerda) e ceolita tipo FAU (dereita)

Os aluminosilicatos son minerais que conteñen óxido de aluminio (Al2O3) e sílice (SiO2).[1] [2] [3]

Os aluminosilicatos son feldespatos, cloritas, minerais de arxila, etc.

Acostuman ser considerados como derivados dos silicatos debido á substitución dos ións de Si 4+ por ións de Al 3+ que, debido á diferenza de cargas positivas, requiren catións adicionais para conseguiren a neutralidade eléctrica.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo non está incluído no DRAG nin no bUSCatermos, e no DIGALEGO da Xunta está definido aluminosilicatos como "Silicatos dobres de aluminio e doutro metal, monovalente ou divalente".[4]

No galego reintegrado e portugués escríbese aluminossilicato,[5][6] en castelán é aluminosilicato, en catalán é aluminosilicat, en francés aluminosilicate, e o uso deste termo é semellante ao das outras linguas románicas.

En inglés existen dúas formas de referirse a este tipo de compostos: aluminosilicate e aluminium silicate (silicatos de aluminio). Aínda que estes termos son a miúdo usados indistintamente, teñen diferenzas significativas segundo o contexto:

  • "Aluminosilicate" é un termo máis xeral que se refire a calquera composto que conten silicio, aluminio e oxíxeno na súa composición. Ademais, este termo é frecuentemente usado para referirse a compostos cargados, que incluirían contraións para equilibrar a carga do material.
  • Por outro lado, "aluminium silicate" é un termo máis específico que se refire a compostos neutros, isto é, compostos que non teñen unha carga eléctrica global. Estes compostos só conteñen aluminio, silicio e osíxeno na súa composición.

Características

[editar | editar a fonte]
Diagrama de fases dos aluminosilicatos Al2SiO5: andalucita (abaixo), sillimanita (dereita) e cianita (esquerda)
(nesosilicatos).


Algúns aluminosilicatos, como os feldespatos, están entre os minerais máis abundantes na codia terrestre. Entre eles, o aluminio substitúe a un de cada catro átomos de silicio, e mesmo a un de cada dous, como ocorre por exemplo na anortita (CaAl2Si2O8). Como consecuencia da erosión, os feldespatos adoitan transformarse en silicatos de tipo lamelar, que constitúen as arxilas que están presentes nos solos. Clasifícanse en:

Poden ser de orixe natural (en varios Estados de México como Oaxaca, Veracruz e Sonora existen minas de aluminosilicatos e ceolitas)[7] ou sintética.

Composición

[editar | editar a fonte]

A composición química dos aluminosilicatos é variable, así como a dos distintos tipos de micotoxinas, polo que a súa capacidade de unión de micotoxinas será diferente en cada caso.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

Algúns silicatos empréganse como materias primas na fabricación de materiais de uso diario, como cemento, vidro, cerámica, etc. Por outra banda, as ceolitas utilízanse na agricultura desde os anos 60 debido ás súas propiedades de intercambio catiónico, cribado molecular e adsorción. Os aluminosilicatos cristalinos están indicados para baños de po en cama de roedores e aves, como chinchillas, coellos, furóns, entre outros.

  1. Andalusite, Handbook of Mineralogy rruff.geo.arizona.edu (en lingua inglesa)
  2. Kyanite, Handbook of Mineralogy
  3. Sillimanite, Handbook of Mineralogy
  4. "aluminosilicato". DIGALEGO (en castelán). Consultado o 2023-07-07. 
  5. "Significado de aluminossilicato no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2023-07-07. 
  6. "ALUMINOSSILICATO - Definición en portugués". educalingo.com (en portugués e castelán). Consultado o 2023-07-07. 
  7. "Zeolitas, un mineral incomprendido". Mundo Minero MX (en castelán). 2021-12-15. Consultado o 2023-07-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]