Saltar ao contido

Alusión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha alusión é unha figura retórica de pensamento que evoca algo ou a alguén evitando dar o nome preciso. A alusión pode ser metonímica, metafórica, simbólica... Está situada preto dos tropos e a antonomasia. A miúdo é perifrástica e tamén eufemística, histórica, literaria, relixiosa ou mitolóxica.

Don Celidonio era suscritor do ABC. Sempre resulta ben que na casa de un se vexa riba da mesa o boletín de don Torcuato (...) Aparte de que, o ABC trae moitos santos ben bonitiños e moitas follas, e presta polo tanto moito servicio nunha casa onde se come ben.