Alvestêdetocht
Alvestêdetocht (Volta ás once cidades, en neerlandés Elfstedentocht) é unha carreira por tiradas de patinaxe sobre xeo natural que se celebra irregularmente en Frisia organizado pola Koninklijke Vereniging De Friesche Elf Steden.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A volta, de case 200 km, transcorre por canles, ríos e lagos conxelados entre as once cidades históricas de Frisia: Ljouwert, Snits, Drylts, Sleat, Starum, Hylpen, Warkum, Boalsert, Harns, Frjentsjer e Dokkum para volver de novo a Ljouwert. O clima de invernía frisón non permite a súa realización anual, só cando é o suficientemente rigoroso para formar unha tona de xeo cun mínimo de grosor que garanta a seguridade dos participantes, que se fixa nun mínimo 15 centímetros de xeo en todo o percorrido da carreira, aínda que se permite a existencia dos chamados puntos klune, onde o espesor non permite o paso masivo de participantes e teñen que quitar os patíns ata chegaren ao seguinte punto con bo xeo, para alén os 22 xefes de distrito da organización convocante teñen que dar o seu consentimento expreso á realización da proba. Arredor de 16.000 participantes afeccionados e 300 competitivos participan no evento [1] e teñen que ser membros da asociación convocante. Desde a primeira edición en 1909 celebráronse un total de quince edicións, a última en 1998. Cada vez que se realiza crea expectación en todos os Países Baixos desde que en Frisia se sucenden as temperaturas baixo cero durante algúns días que culminan cando se anuncia a súa celebración coa frase en frisón: "It giet oan" (vai ser). O evento transmítese por televisión e atrae a gran cantidade de turistas.
Historia
[editar | editar a fonte]Os patíns utilízabase para percorrer distancias longas en Frisia desde antigo, xa que eran poucos os que dipuñan dun cabalo, consérvase un poema de 1760 de Van Boelens[2] que fala do percorrido en patíns entre as once cidades nun día. Na súa forma moderna establecuse en 1890 cando Pim Mulier concibiu a idea de organizar unha volta entre as cidades que non se puxo en práctica ata 1909 por vez primeira, logo desta primeira carreira estableceuse a Vereniging De Friesche Elf Steden (Asociación das Once Cidades Frisoas) [3] para se facer cargo da organización.
A Elfstedentocht de 1963 recórdase pola súa dureza, só o 1% dos participantes remataron a carreira debido ás temperaturas estremadamente baixas, de ata -18 °C e polo vento forte do oeste, o seu gañador, Reinier Paping, converteuse nun heroe nacional e a volta en lenda.[4][5]
Despois do de 1963 o seguinte con aconteceu ata 1985,e rematou prematuramente, ás 22:00 polo desxelamento.
Gañadores
[editar | editar a fonte]O tempo do gañador dáse en horas e minutos.
Ano | Gañador | Tempo | Distancia | Velocidade media |
---|---|---|---|---|
1909 | [Rev] Minne Hoekstra | 13:50 | 189 km | 13.7 km/h |
1912 | Coen de Koning | 11:40 | 189 km | 16.2 km/h |
1917 | Coen de Koning | 9:53 | 189 km | 19.1 km/h |
1929 | Karst Leemburg | 11:09 | 191 km | 17.1 km/h |
1933 | Abe de Vries e | 9:53 | 195 km | 19.7 km/h |
1940 | Piet Keijzer | 11:30 | 198.5 km | 17.3 km/h |
1941 | Auke Adema | 9:19 | 198.5 km | 21.3 km/h |
1942 | Sietze de Groot | 8:44 | 198 km | 22.7 km/h |
1947 | Jan van der Hoorn | 10:51 | 191 km | 17.6 km/h |
1954 | Jeen van den Berg | 7:35 | 198.5 km | 26.2 km/h |
1956 | Non se declarou gañador (**) | — | 190.5 km | — |
1963 | Reinier Paping | 10:59 | 196.5 km | 17.9 km/h |
1985 | Evert van Benthem | 6:47 | 196.8 km | 29.0 km/h |
1986 | Evert van Benthem | 6:55 | 199.3 km | 28.8 km/h |
1997 | Henk Angenent | 6:49 | 199.6 km | 29.3 km/h |
Non se permitiu participar ás mulleres na sección competitiva ata a edición de 1985, só podían participar como afeccionadas
- 1985 - Lenie van der Hoorn
- 1986 - Tineke Dijkshoorn
- 1997 - Klasina Seinstra
(**) Despois que en 1933 e 1940 os que ían en cabeza decidiran non competir senón darse a man e cruzar xuntos, a organización decidiu prohibir esta práctica. Malia todo Jan van der Hoorn, Aad de Koning, Jeen Nauta, Maus Wijnhout e Anton Verhoeven ignorándoa cruzaron ao unísono a meta. Non foron descalificados pero a organización non declarou gañador.
Tiradas
[editar | editar a fonte]As distancias entre as cidades poden variar dependendo da ruta exacta, danse as da edición de 1997.
- 0 km: Ljouwert
- 22 km: Snits
- 26 km: Drylts
- 40 km: Sleat
- 66 km: Starum
- 77 km: Hylpen
- 86 km: Warkum
- 99 km: Boalsert
- 116 km: Harns
- 129 km: Frjentsjer
- 174 km: Dokkum
- 199 km: Ljouwert
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodney P. Carlisle Encyclopedia of Play in Today's Society, Vol. 1, p. 419
- ↑ Honderd jaar Elfstedentocht
- ↑ "Web oficia". Consultado o 11/1/2011.
- ↑ "Alles van de Elfstedentocht 1963" [All about the Elfstedentocht 1963] (en Dutch). Sportgeschiedenis.nl. Consultado o 11/1/2011.
- ↑ Ann MacDunn (Nauary 2009). "Elfstedentocht 1963 of in het Fries: Alvestêdetocht". Fotoalbums van Ann MacDunn. Consultado o 11/1/2011.