Saltar ao contido

Amador Lorenzo Blach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmador Lorenzo Blach
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Bueu, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Imaxe e Son da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor en Wikidata

Facebook: amador.lorenzoblach Instagram: amadorlorenzoblach BNE: XX5855885 Editar o valor en Wikidata


Amador Lorenzo Blach, nado en Bueu en 1976, é un fotógrafo galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou traballando na panadería familiar e despois estudou Técnico Superior en Imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Traballou de cámara de televisión, ten publicado obra gráfica en El País (edición Galicia), Xornal de Galicia, Marca, Luzes e Los Angeles Times. Dende 2017 é codirector de FFoco, o Festival de Fotografía da Coruña,[2] onde tamén foi comisario de exposicións como O Piano pola xanela (Fundación Luis Seoane, 2020[3]) e Profundar (Lúa Ribeira)[4].[5] Traballou na fotografía de varias películas.

Nacenza e mais Curro da Mosenda é un proxecto documental iniciado por Amador Lorenzo no ano 2014 co obxectivo de retratar a vida e os habitantes do Macizo Central de Queixa-Manzaneda acompañando un veterinario rural no seu traballo diario.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É sobriño do futbolista Amador Lorenzo.

Exposicións

[editar | editar a fonte]
  • Arquipélago interior (Galería Zlick, 2012).
  • Un certo panorama (PHotoESPAÑA 2017)
  • Dique de Abrigo (Fundación Luis Seoane, 2018)
  • Un mundo que sofre baixo un manto de flores (Kiosco Alfonso, 2021).

Fotografía en cine

[editar | editar a fonte]
  • Bolhão (visións dunha realidade) (2016). Autoedición.
  • Dique de Abrigo (2018). Autoedición. Sobre o Dique de Abrigo da Coruña.[6]
  • Nacenza (2024). Fabulatorio. ISBN 978-84-124260-6-9.
  • Curro da Mosenda (2024). Fabulatorio. ISBN 978-84-124260-7-6.
  • OU24112 (2024). Alauda Negra. Plasma a súa particular «declaración de amor á cidade de Ourense». Os números do título reflicten a data en que coñeceu á súa parella e onde comezou a súa relación coas Burgas.[7] [8]
  • Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado 2012 con unha serie sobre Portugal titulada "Tudo isto e fado".[9]
  • Finalista en Descubrimientos PHotoESPAÑA 2014.
  1. Laura Veiga (2025-01-20). "Amador Lorenzo: "Vou coa cámara recollendo instantes que logo monto como se fose un gran quebracabezas"". Nós Diario. Consultado o 2025-01-21. 
  2. "FFoco – Festival de Fotografía da Coruña". Consultado o 2025-01-21. 
  3. "O piano pola xanela – FFoco" (en castelán). Consultado o 2025-01-21. 
  4. "'Profundar', a fotógrafa Lúa Ribeira busca as orixes". Diario Cultural. 2021-12-02. Consultado o 2025-01-21. 
  5. 5,0 5,1 "Curro da Mosenda - Amador Lorenzo". Fabulatorio. Consultado o 2025-01-21. 
  6. "Dique de Abrigo - Viento Sur" (en castelán). 2019-08-09. Consultado o 2025-01-21. 
  7. "Alauda Negra regresa ás súas orixes". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-01-12. Consultado o 2025-01-21. 
  8. Ocampo, Elena (2024-11-24). "Capturar a «alma natural» das ribeiras do Miño". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-01-21. 
  9. David García (2012-10-03). "Amador Lorenzo gana el premio Luis Ksado de fotografía". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-01-21.