Ambigüidade
A ambigüidade na pragmática existe cando unha forma ten dous ou máis significados.
Ambigüidade léxica
[editar | editar a fonte]Ambigüidade en forma de morfema ou palabra. Dáse cando nun lexicón unha entrada permita máis dunha interpretación para unha soa palabra, é dicir, dáse cando unha mesma palabra admite dous ou máis significados distintos. Ofrece problemas de comprensión ó receptor, a única solución é recorrer ó contexto ou á situación.
As palabras soan igual pero os seus significados son diferentes. Hai unha coincidencia gráfica de dúas ou máis palabras que teñen significados distintos. Prodúcense por coincidencia dos significantes de diversos signos.
- Banco .-Establecemento público de creto, constituído en sociedade por accións.
- Banco .-Establecemento médico onde se conservan e almacenan órganos, tecidos ou líquidos fisiolóxicos humanos para cubrir necesidades cirúrxicas, de investigación etc.
- Banco .-Conxunto de peixes que van xuntos en gran número.
Palabras que se pronuncian igual pero a súa escrita e os seus significados son diferentes.
- Vaca - baca
Palabras cuxa escrita e pronunciación son idénticas, aínda que os seus significados sexan distintos.
acha (anaco de madeira), acha (verbo).
Ambigüidade estrutural
[editar | editar a fonte]Dáse nunha oración ou frase cando ten dous ou máis significados debido á estrutura, xa sexa polo agrupamento ou a distinta función gramatical:
Ambigüidade de agrupamento
[editar | editar a fonte]Oración que ten dúas estruturas posibles, por exemplo, o seguinte letreiro: Alúgase vivenda con garaxe / para mozas / con calefacción (¿as mozas teñen que ter calefacción?) ou a secuencia Véndense zapatos de pel de señora.
Ambigüidade funcional
[editar | editar a fonte]Dáse cando unha palabra ou frase completa dous ou máis relacións gramaticais, os morfemas e grupos son iguais para ambos significados: Pasarei só este verán aquí.
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |