American Philatelic Society
American Philatelic Society | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | APS |
Tipo | organización sen ánimo de lucro e philatelic society |
Campo de traballo | filatelia |
Data de fundación | 14 de setembro de 1886 |
Nº de membros | 24.421 (2023) ![]() |
Nº de empregados | 34 (2023) ![]() |
Sede | Bellefonte |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.stamps.org | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A American Philatelic Society (APS) é a federación filatélica dos Estados Unidos, a máis grande das asociacións filatélicas do mundo con 44.000 membros (2005) en 110 países, incluíndo comerciantes filatélicos e 700 clubs locais, ademais 200 sociedades especializadas están afiliadas á APS. A súa sede tradicional estivo en Bellefonte, Pensilvania aínda que recentemente a trasladou a State College, Pensilvania.
Historia
[editar | editar a fonte]A APS fundouse o 13 de setembro de 1886 en Nova York co nome de American Philatelic Association, o seu primeiro presidente foi John K. Tiffany e representaba a uns 400 filatelistas membros da APS. En 1897 cambiou o seu nome polo actual primeiro durante uns poucos meses en 1897 e permanentemente en 1908. En 1940 tiña 4.000 membros entre eles o presidente dos Estados Unidos Franklin Delano Roosevelt e o seu secretario do Interior Harold L. Ickes. A APS é o representante dos Estados Unidos na Federation Internationale de Philatelie desde 1947.
Servizos
[editar | editar a fonte]- The American Philatelist - revista mensual
- StampStore - compra online de selos
- circuíto de venda por correo
- American Philatelic Research Library, a biblioteca da APS
- seguro para coleccións de selos
- American Philatelic Expertizing Service, servizo de experterización filatélico
- acreditación de xuíces para exhibicións filatélicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial da APS (en inglés)