Aminatta Forna
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | novembro de 1964 (60 anos) Bellshill, Reino Unido |
Educación | University College de Londres |
Actividade | |
Lugar de traballo | Gran Londres |
Ocupación | escritora, poeta avogado, novelista, xornalista |
Empregador | Bath Spa University |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | aminattaforna.com |
Aminatta Forna, nada en Bellshill (Lanarkshire, Escocia)[1] en 1964, é unha escritora de Serra Leoa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de pai de Serra Leoa, Mohamed Forna, e nai escocesa, Maureen Christison. Cando tiña seis meses a familia mudouse a Serra Leoa, onde Mohamed Forna traballaba como físico. Despois involucrouse na política, até que en 1975 foi condenado por traizón.[2][3] A etapa desa época e a súa investigación sobre a conspiración arredor da morte do seu pai están tratadas no seu libro de memorias The Devil That Danced on the Water.[4]
Forna estudou Dereito na University College London. En 2013 asumiu o posto de profesora de Escritura Creativa na Universidade Bath Spa.[5]
Entre 1989 e 1999 traballou para a BBC, tanto na radio como en televisión, como reporteira e documentarista nas esferas da arte e a política. Fixo os documentais sobre África Through African Eyes (1995),[6] Africa Unmasked (2002)[7] e The Lost Libraries of Timbuktu (2009).[8]
Obra
[editar | editar a fonte]- The Devil That Danced on the Water: A Daughter's Quest (2003)
- Ancestor Stones (2006)
- The Memory of Love (2010)
- The Hired Man (2013)
- Happiness (2018)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maggie Barry (8 de maio de 2011). "Acclaimed author reveals secret Scottish roots in moving tribute". Daily Record (Escocia).
- ↑ Sekou Daouda Bangura (21 de xullo de 2009). "34 years after the execution of Mohamed Sorie Fornah and 14 others". The Patriotic Vanguard.
- ↑ "Ex-officials on trial for treason in Africa". Washington Afro-American. 15 de outubro de 1974.
- ↑ Anna Metcalfe (26 de abril de 2010). "«Small Talk: Aminatta Forna» (entrevista)". Financial Times.
- ↑ Katie Allen (28 de setembro de 2012). "Weldon and Hensher head to Bath Spa". The Bookseller. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2014. Consultado o 9 de novembro de 2012.
- ↑ Through African Eyes (videorecording), written and directed by Aminatta Forna; a BBC/RM Arts co-production; Smithsonian Institution Libraries.
- ↑ Africa Unmasked: The Black Man's Burden Arquivado 18 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (2002), BFI.
- ↑ The Lost Libraries of Timbuktu, BBC Four.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aminatta Forna |