Ana Alós López
(2015) | |
Nome orixinal | (es) Ana Alós |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Ana Isabel Alós López 11 de maio de 1969 (55 anos) Huesca, España |
Deputada de España | |
12 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Huesca (en) Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
8 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Huesca (en) Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Alcaldesa de Huesca | |
2011 – 2015 | |
Alcaldesa | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Zaragoza Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, economista, empresaria |
Partido político | Partido Popular |
Ana Isabel Alós López, nado en Huesca en 1969, é unha política, economista e empresaria española, membro do Partido Popular. Foi alcaldesa de Huesca entre 2011 e 2015.
Biografía
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Zaragoza, tamén ten un mestrado en Administración e Dirección de Empresas polo Instituto Católico de Administración e Dirección de Empresas (ICADE). Posteriormente a partir do ano 1995 estivo a traballar como axente de desenvolvemento local na Mancomunidade da Canle de Berdún, en 1996 comezou a traballar no sector da economía como asesora de empresas no seu propio despacho xunto ao seu socio e un ano máis tarde en 1997 crearon unha empresa especializada ao lavado de vehículos e en 1999 outra que se dedicaba á reciclaxe de combustibles de impresión.
Posteriormente no ano 2003, entrou no mundo da política sendo concelleira do Concello de Huesca polo Partido Popular, nese mesmo ano tamén foi conselleira comarcal da Comarca da Hoya de Huesca onde permaneceu ata o mes de xuño de 2009 tras renunciar, durante estes tempos dende o 2008 tamén pasou a ser voceiro do Grupo Municipal Popular no concello.
Nas eleccións municipais de España de 2011 que se celebraron o día 22 de maio de 2011 presentouse como candidata á alcaldía, sendo a súa formación política a máis votada e converténdose en alcaldesa aínda que non por maioría absoluta. Tomou o cargo de alcaldesa o día 14 de xuño.[1] Nese mesmo ano tamén entrou como vogal na Federación Española de Municipios e Provincias, da que actualmente pertence. Nas eleccións de 2015 perdeu a alcaldía en favor do PSOE.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Alós López |