Saltar ao contido

Ana Belén Fortes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Belén Fortes
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, tradutora, editora Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiXosé Fortes Editar o valor en Wikidata
IrmánsXabier Fortes
Susana Fortes
Alberto Fortes Editar o valor en Wikidata

Facebook: 100009558391311 BNE: XX1167448 Dialnet: 2174656 Editar o valor en Wikidata

Ana Belén Fortes López, nada en Pontevedra o 15 de setembro de 1967, é unha filóloga, escritora, editora e tradutora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciada en Filoloxía Hispánica na especialidade de galego-portugués.[1] Foi técnica de normalización lingüística e asesora de revistas e audiovisuais. Entre 2003 e 2005 dirixiu Sotelo Blanco Edicións. Como empresaria, é directora de Ardora Comunicación[2] e da editorial Guiverny.[3] Imparte cursos de escritura e de español como lingua estranxeira. Participou no Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Como tradutora (do catalán, portugués, inglés e castelán), verteu ao galego poemarios, novelas, ensaios e guións de cine e foi tradutora-intérprete na Administración de Xustiza. Traballou no Consello da Cultura Galega (Proxecto Sarmiento) e foi coordinadora do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

Como profesional da xestión cultural, con formación en igualdade, formou parte de xurados de premios literarios (Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey, Premios da Crítica Galicia, Premio de novela histórica Dona Urraca etc.). Tamén foi comisaria de exposicións (Mulleres no Obxectivo etc.) e directora executiva de audiovisuais (Galicia, resaca atlántica) etc.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É filla de Xosé Fortes e irmá de Susana Fortes, Xabier Fortes e Alberto Fortes.[4]

Colaboradora habitual na prensa galega (La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego, El País)[5], publicou artigos en revistas especializadas como Grial, Anuario de Estudios Literarios Galegos, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Boletín da Real Academia Galega, Tempos Novos, Lateral, Colóquio Letras etc.[6]

Poesía
  • Paso a nivel sin barreras (2012). Editorial Guiverny[7].
  • Fallo general del sistema (2016).[8]
  • Eclipse (2021).[9]
Ensaio
Tradución
  • Trece campanadas, 2002 (Trece badaladas) de Suso de Toro ao castelán (Premio Nacional de Literatura 2003).
  • El príncipe manco, 2004 (O príncipe manco) de Suso de Toro ao castelán. Con Basilio Losada.[11]
  • Hombre sin nombre, 2006 (Home sen nome) de Suso de Toro ao castelán.[11]
  • O devorador, 2023 (L'any del devorador) de Emili Piera ao castelán e ao galego.
  • Terra de auga, 2023 (Terra d'aigua) de Ramon Guillem ao castelán e ao galego
Colectivas
  • Vocabulario das matemáticas, multilingüe, Servizo de Normalización Lingüística, USC, 1995. Con Xosé Masa.
  • Diccionario da literatura galega I, Autores, 1995, Galaxia.
  • Diccionario da literatura galega II, Publicacións periódicas, 1997, Galaxia.
  • Diccionario da literatura galega III, Obras, 2000, Galaxia.
  • Diccionario da literatura galega IV, Termos e institucións literarias, 2004, Galaxia.
  • Dicionario de dicionarios da lingua galega, ILG, Santiago de Compostela, .
  • Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf. Coordinación. Sotelo Blanco, 2003. ISBN 84-7824-430-1.
  • Vintecinco olladas para o século XXI, 2005, coordinación, Sotelo Blanco.[12]
  • 1936 / O Estatuto esquecido, 2016, coordinación, Editorial Guiverny.
  • Universo Cunqueiro, edición dos textos e coordinación, 2005, Sotelo Blanco.
  • Libro do XXV Aniversario de Unións Agrarias, Santiago de Compostela, 2008. Coordinación.
  • O cinema e os cines en Santiago, 2020, coordinación, Editorial Guiverny.
  • Arquitectura do lume, de Yago Bonet Correa e Sergio Portela, 2020, coordinación, Editorial Guiverny.
  • 40 Anos da moda en Galicia, de Fernando Franco, 2021, coordinación, Editorial Guiverny.
  • Edición da obra de Frei Martín Sarmiento: De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos, de Martín Sarmiento (Consello da Cultura Galega, 2008, volumes II, III e IV).

Terminoloxía

  1. "Ana Belén Forttes". linkedin. [Ligazón morta]
  2. "ARDORA COMUNICACION SL, A CORUÑA - Informe comercial, de riesgo, financiero y mercantil.". www.infocif.es. Arquivado dende o orixinal o 26/08/2021. Consultado o 26/8/2021. 
  3. "Editorial Guiverny". editorialguiverny.com. Arquivado dende o orixinal o 26/02/2021. Consultado o 26/8/2021. 
  4. López, Belén (26/8/2021). "Belén Fortes: "A poesía fainos camiñar polo fío da verdade"". Diario de Pontevedra. Consultado o 26/8/2021. 
  5. "Somos lo que leemos". El País (en castelán). 22/4/2011. 
  6. "Detalles de autor/a". publicacionsperiodicas.academia.gal. Consultado o 26/8/2021. 
  7. Fraga, Xesús (5/4/2012). "La retórica preciosista le ha hecho un flaco favor a la poesía". La Voz de Galicia (en castelán). 
  8. "Belén Fortes: «La poesía tiene la responsabilidad de buscar siempre la verdad»". La Voz de Galicia (en castelán). 14/1/2017. Consultado o 26/8/2021. 
  9. "Editorial Guiverny". editorialguiverny.com. Arquivado dende o orixinal o 18/05/2021. Consultado o 26/8/2021. 
  10. Ficha de As ideas literarias de Manuel Murguía na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  11. 11,0 11,1 Ana Belén Fortes Arquivado 25/12/2018, en Wayback Machine. na Biblioteca da Tradución Galega
  12. Libro de conmemoración do XXV aniversario de Sotelo Blanco Edicións.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]