Ana Payo Payo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1986 ![]() Zamora, España ![]() |
Educación | Universidade de Cádiz Universidade de Barcelona ![]() |
Actividade | |
Ocupación | científica ambiental, activista medioambiental ![]() |
Empregador | Universidade de Aberdeen, senior research fellow (en) ![]() ![]() |
Premios | |
Sitio web | abdn.pure.elsevier.com… ![]() |
![]() |
Ana Payo Payo nada en Zamora, 28 de maio de 1986, é unha oceanógrafa, científica ambiental, divulgadora científica e activista medioambiental española.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Payo licenciouse en 2010 na Universidade de Cádiz en Ciencias ambientais e en Ciencias do Mar Orientación Recursos Vivos. Ademais ten un máster en Xestión e Conservación da Biodiversidade pola Universidade de Barcelona e un Doutoramento en Ecoloxía de Poboacións de Aves Mariñas.[1]
Centrou a súa investigación en impulsar o desenvolvemento de estratexias de xestión e mitigación dos efectos do cambio climático sobre a biodiversidade.[1] A maiores traballou como investigadora de ecoloxía de poboacións de aves mariñas no Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (IMEDEA, CSIC- UIB)[2][3] e como investigadora en ecoloxía teórica na Universidade de Aberdeen (Escocia).[4] A zamorana colaborou como divulgadora científica en Big Van Ciencia[3][5][6] e como presentadora no night show de humor e divulgación científica Balears fa Ciencia da cadea IB3 televisión.[5]
Cabe destacar tamén a súa participación na expedición internacional Homeward Bound Project 2018, un proxecto enfocado a potenciar o liderado e apoderamento de mulleres do ámbito científico e tecnolóxico e a loita contra o cambio climático.[7][8][9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Pola súa participación no Homeward Bound Project 2018, Payo foi condecorada coa Medalla de Ouro da Cruz Vermella Española xunto a tres españolas presentes no proxecto, Alicia Pérez-Porro, Uxúa López e Alexandra Dubini.[5][10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Redacción (22 de setembro de 2019). "Ana Payo: “En la ciencia hay mucho corporativismo y machismo implantado en la estructura". HoyCastillay León (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2022. Consultado o 19 de febreiro de 2022.
- ↑ Tristán, Rosa M. (12 de decembro de 2017). "Esta expedición mundial antártica sobre el cambio climático sólo acepta mujeres y vas a entender por qué". Huffingtonpost.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Soto, Elena (7 de marzo de 2017). "Ana Payo: "Hay que romper ciertos roles"". El Mundo. Consultado o 19 de febreiro de 2022.
- ↑ "La zamorana Ana Payo imparte una conferencia sobre el cambio climático". Zamora ya! La verdad digital (en castelán). 19 de setembro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Ana Payo, Medalla de Oro de la Cruz Roja". La Opinión. El Correo de Zamora. 9 de maio de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2022.
- ↑ Castañon, Pilar (11 de febreiro de 2019). "La mujer y la ciencia, una realidad cada vez más visible". Woman Essentia (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2022.
- ↑ Alonso del Val, Vega. "Ana Payo-Payo: “El cambio climático aumentará la desigualdad de género”". Amnistía Internacional España (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2022.
- ↑ "Cuatro científicas representan a España en Homeward Bound contra el cambio climático". Mujer emprendedora (en castelán). 9 febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2019.
- ↑ Gil, Lydia (16 de novembro de 2017). "Ana Payo Payo, oceanógrafa y ambientóloga". Social Media en Investigación (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2022.
- ↑ "Las científicas del Acciona Team, medalla de Oro de la Cruz Roja". CulturaRSC.com. 8 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ana Payo: experta en aves marinas, divulgadora entusiasta y conservacionista convencida en Oceánicas (en castelán)
- "Las mujeres seguimos sin representación en los altos estamentos investigadores" en Diario de Cádiz, 15/05/2017 (en castelán)
- La oceanógrafa zamorana Ana Payo nos acerca a la Antártida Arquivado 12 de marzo de 2022 en Wayback Machine. en Cadena Ser, 17/08/2017 (en castelán)