Anacleto Ortueta
Nome orixinal | (es) Anacleto Ortueta Azcuenaga |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de decembro de 1877 Bilbao, España |
Morte | 7 de novembro de 1959 (81 anos) Bilbao, España |
Actividade | |
Ocupación | historiador, político, xornalista |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca |
Anacleto Ortueta Azcuenaga, nado en Olabeaga, o 26 de decembro de 1877, e finado en Bilbao o 7 de novembro de 1959, foi un historiador e un político vasco de ideoloxía nacionalista.[1]
Traballou como facultativo de minas. Militou na Mocidade Vasca bilbaína, onde foi vogal da súa xunta directiva (1904). En 1908 entrou no Consello rexional do PNV, e dez anos despois foi nomeado deputado por Gernika-Lumo en representación dese partido. Foi neutral durante a división do partido entre o grupo Aberri e a Comunidade Nacionalista Vasca. Durante a ditadura de Primo de Rivera dirixiu o diario Euskadi. En 1930 asinou o Manifesto de San Andrés, que se convertería no manifesto fundacional de Acción Nacionalista Vasca, xunto con outras personalidades, destacándose Luís Urrengoetxea, Justo Gárate e Tomás Bilbao. Posteriormente centrouse no seu labor historiográfica, residindo longas tempadas en Cataluña. Durante a Guerra Civil foi xefe da policía interior das Milicias Vascas. Despois da guerra foi detido e xulgado polos franquistas, perdendo todos os seus bens.
Obras
[editar | editar a fonte]Como historiador, centrouse principalmente no Reino de Navarra. Publicou as seguintes obras:
- Nabarra y la unidad política vasca (1931)
- Vasconia y el imperio de Toledo (1935)
- Sancho el Mayor, rey de los vascos (1963)