Anacleto Pampillón Sío
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Mos, España |
Morte | 28 de decembro de 1947 Sanguiñeda, España |
Alcalde de Mos | |
1931 – 1934 | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Período de actividade | 1904 - |
Familia | |
Fillos | Segundo Pampillón Rodríguez |
Anacleto Pampillón Sío, nado en Mos e finado en Sanguiñeda o 28 de decembro de 1947, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Pampillón e Juana Sío de Petelos. Creou en 1904 a empresa madeireira Serrerías Pampillón en Sanguiñeda. Na II República foi elixido alcalde de Mos en 1931. Permaneceu no cargo até 1934. Finou en Mos o 28 de decembro de 1947.[1][2]
Predecesor: Paulino Pérez Rial |
Alcalde de Mos 1931 - 1934 |
Sucesor: Paulino Pérez Rial |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Claudina Rodríguez Lira e foi pai de Segundo Pampillón Rodríguez.