Anaiansi
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Anaiansi | |
---|---|
Autor/a | Úrsula Heinze |
Ilustrador/a | Vítor Vaqueiro |
Orixe | España |
Lingua | galego |
Colección | A fraga narrativa |
Xénero(s) | Narrativa, literatura xuvenil |
Editorial | Ir Indo |
Data de pub. | 1987 |
Páxinas | 134 |
ISBN | 978-84-7680-012-6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Anaiansi é unha novela de Úrsula Heinze publicada en 1987 por Ir Indo, dirixida principalmente aos públicos xuvenís.
Trama
[editar | editar a fonte]Anaiansi é profesora de arte nun instituto. Mantén a esperanza de casar con Primitivo Conde, un home xa casado, ao tempo que mantén unha relación máis ben distante con Arturo Xelmírez. Vive coa súa tía, a súa nai, a súa avoa e con Cristal, a súa irmá, unha adolescente de 16 anos.
A personaxe principal intenta escapar do mundo no que vive (contribúe ao sentimento de opresión a súa tensa situación coa familia) e do fastío que lle produce a súa profesión. O seu amor por Primitivo Conde lévaa a percorrer vilas galegas coma Fisterra ou Cangas coa intención de atopar a felicidade e a liberdade.
Narración
[editar | editar a fonte]A novela está escrita con narradora omnisciente en terceira persoa. Ambiéntase en varios lugares e vilas de Galicia na mesma altura cronolóxica en que a obra se escribe.