Anana branca

Anana branca é unha posíbel fase final na vida dunha estrela, xunto ó burato negro e as estrelas de neutróns. Despois de que a estrela expulse as súas capas exteriores, se o núcleo ten unha masa inferior a 1,4 veces a masa do Sol, este comprimirase extraordinariamente.
Esgota o seu combustible (fundamentalmente hidróxeno), prodúcese un colapso gravitatorio que fai reducir de tamaño á estrela, pasando a ser aproximadamente como a Terra ou un pouco maior, pero coa mesma masa anterior. No proceso, que dura milleiros de anos, e que segue preto do 97 % das estrelas, a materia remanente chega a solidificarse ó irse arrefriando[1] e volvéndose superdensa.
Este obxecto brilla con luz branca debido á calor residual do núcleo até que ó cabo de miles de anos se apaga formando unha anana negra.
Un exemplo deste tipo de estrela é Sirio B.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ esa. "Gaia reveals how Sun-like stars turn solid after their demise". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-10.
![]() |
Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |