Cerceta fermosa
Cerceta fermosa | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar adulto | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Anas formosa' Georgi, 1775 |
A cerceta fermosa[2], coñecida tamén como cerceta do Baikal, (Anas formosa ou Nettion formosum) é unha pequena anátida migratoria asiática. As probas moleculares realizadas á especie (Johnson & Sorenson, 1999) e os estudos de conduta (Johnson et al., 2000) suxiren que a cerceta do Baikal non ten parentes próximos entre os parrulos viventes, polo que debería ser clasificada dentro dun xénero zoolóxico distinto de Anas.
Descrición
[editar | editar a fonte]As cercetas fermosas son algo meirandes e de cola máis longa cá cerceta común. Miden entre 39 e 43 cm e longo, de 30 a 40 cm de alto e pesan uns 500 gramos. O macho na época de reprodución ten a cabeza cun deseño verde, amarelo e negro é unha liña vertical no lado do peito que o fan inconfundible. En plumaxe de eclipse imitan moito ás femias, pero teñen a plumaxe máis avermellada. As femias teñen tamén un debuxo característico na cabeza, cunha mancha redonda pequena pero prominente de cor branca nas meixelas e unha faixa escura detrás dos ollos. As observacións de femias con marcas en xeito de "bridas" na cara poderían corresponder en realidade a machos novos [3], que teñen unha plumaxe semellante á das femias e que se distinguen dos da cerceta común pola mancha abrancazada na cara.
Distribución
[editar | editar a fonte]Crían nas zonas forestais siberianas dende a cunca do Ienisei ata a península de Kamchatka. Os principais puntos de invernada están no Xapón, Corea e norte e leste da China. Durante a época da muda das plumas, en xullo, algúns machos emigran as costas árticas, e outros complétana nos lugares de cría.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntanse de plantas e pequenos animais que filtran na auga.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Nos seus lugares de cría siberianos fan os niños en pantanos, prados asolagados e deltas de ríos. Despois do aparellamento, que ten lugar a mediados de maio, constrúen rapidamente os niños entre a vexetación das ribeiras, cavando un furado no chan que cobren con penuxe. Poñen, entre maio e xuño, de 6 a 10 ovos, que tardan uns 26 días en eclosionar. Os polos pesan ó naceren uns 30 g.
Ameazas e situación da especie
[editar | editar a fonte]A destrución dos seus lugares de repouso invernal e a caza fixeron dela unha especie ameazada de extinción, e foi clasificada como "vulnerable" pola IUCN. Algúns libros recentes afirman, porén, que a especie está a vivir unha certa recuperación.[4]. Calcúlase que hai uns 300.000 exemplares en todo o mundo.
Estas aves son criadas en Europa dende 1840, cando chegaron os primeiros exemplares importados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Anas formosa". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Dunn, John L. and Alderfer, Jonathan, "National Geographic Field Guide to the Birds of North America, Fifth Edition" ISBN 0-7922-5314-0
- ↑ Dunn, John L. and Alderfer, Jonathan, "National Geographic Complete Birds of North America", ISBN 0-7922-5314-0
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerceta fermosa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A cerceta fermosa na "Lista vermella de especies ameazadas", da Inclúe un mapa de distribución e os datos que xustifican a súa clasificación como Vulnerable (inglés)
- Johnson, Kevin P. & Sorenson, Michael D. (1999): Phylogeny and biogeography of dabbling ducks (genus Anas): a comparison of molecular and morphological evidence. Auk 116(3): 792–805. (inglés) PDF fulltext Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- Johnson, Kevin P. McKinney, Frank; Wilson, Robert & Sorenson, Michael D. (2000): The evolution of postcopulatory displays in dabbling ducks (Anatini): a phylogenetic perspective. Animal Behaviour 59(5): 953–963 PDF fulltext